Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog de dinamización da lingua galega

(2020-2021) Xa podes ver as fotografías do fotomatón do Samaín. Podes atopar a túa foto?

Xa podes ver de seguido as fotografías tomadas no FOTOMATÓN, un dos obradoiros que tiveron lugar no centro para celebrar o Samaín.

Podes atopar a túa foto? Fai click sobre a imaxe do teu nivel para velas todas.

FOTOS DOS MESTRES/AS:

EDUCACIÓN INFANTIL:


  

1º E 2º DE PRIMARIA:

3º E 4º DE PRIMARIA:

5º E 6º DE PRIMARIA:

(2019-2020) Magosto 2019

Como tódolo anos por estas datas, xuntámonos todo o centro para conmemorar unha das celebracións máis fermosas da cultura e da tradición galega: O magosto. 

Despois de pospoñer a celebración do Magosto varias semanas por culpa do mal tempo, decidimos celebralo o pasado mércores 27 de novembro. A pesar de que non é o mesmo ca celebralo nun entorno excepcional como pode ser a área recreativa de San Antonio de Penalba, a xornada levada a cabo no centro resultou igual de divertida.

Ao longo da semana, o alumnado foi traendo candanseu puñado de castañas picadas e unha pouca leña para o asado e posterior degustación deste manxar tan esperado. Para gañarse un rico cono de castañas, os nenos e nenas do centro participaron nunha xornada de xogos populares e tradicionais coordinados polos alumnos/as de 6º. Mentres algúns compañeiros/as se encargaban de asar as castañas, os demais dedicámonos a xogar. Os xogos nos que participamos foron: a carreira de sacos, o pano, o aro-guía, lanzamento de aros, o xogo da culler, a soga-tira...,e como non, o divertido "come-castañas".

Velaí unhas cantas fotos da xornada de xogos populares.

Carreira de sacos/canguros para os de infantil. Aroa foi a encargada de dirixir e animar aos pequenos saltamontes!

 

Logo intentamos meter o aro no cono. Máis preto para os de infantil e máis lonxe para os nenos/as de primaria. Neste caso, Sara foi a coordinadora do equipo de infantil 2. 

 

 

 

 

No xogo da soga-tira había que deixar tódalas forzas!. Aitana encargouse de repartir aos forzudos e forzudas para que fose equilibrado.

Yaiza encargouse de cantar os números para que os nenos/as correran a polo pano!

 

Eva e Carla explicáronlles aos nenos e nenas de infantil como guiar o aro. Menuda habilidade teñen!

 

 

 

 

 

 

 

O xogo da culler e a castaña nunca defrauda!

 

 

 

 

 

Todos estaban esperando chegar ao "come-castañas". Diego encargouse de que as castañas foran por dentro!

 

Tras esta intensa xornada de xogos, tocaba degustar unhas ricas castañas para repoñer forzas.

Para o ano repetimos!

(2019-2020) Xa dispoñibles as fotografías do Fotomatón dos obradoiros do Samaín. A ver se te atopas

Xa podes ver de seguido as fotografías tomadas no FOTOMATÓN, un dos obradoiros que tiveron lugar no centro para celebrar o Samaín.

Podes atopar a túa foto? Fai click sobre a imaxe do teu nivel para velas todas.

FOTOGRAFÍAS DE INFANTIL

 

 

FOTOGRAFÍAS DE 1º E 2º

 

 

FOTOGRAFÍAS DE 3º - 4º

 

 

FOTOGRAFÍAS DE 5º - 6º


 

 

 

 

(2018-2019) Descubrindo a Antón Fraguas polo Día das Letras Galegas

O  16 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas, descubrindo os feitos máis sinalados da vida o autor homenaxeado: Antón Fraguas Fraguas.

Cada aula foi contando unha parte da súa vida....

 

... para ir compoñendo entre todos unha liña do tempo da súa vida.

 

 

Despois de comentar os feitos máis relevantes penduramos a lámina correspondente na liña do tempo.

 

 

A profe Bernarda, que foi alumna de Antón Fraguas, contounos como era e de que o coñecía.

 

Rematamos a conmemoración cantando todos xuntos o himno galego.

 

Ademais deste homenaxe, en cada aula descubrimos a obra de Antón Fraguas e creamos un fantástico marca páxinas coma este.

 

 

(2018-2019) Xa dispoñible o material do Seminario Galán sobre Antonio Fraguas (Letras galegas 2019)

Podes acceder o material do Seminario Galán,  sobre o homenaxeado nas Letras galegas 2019, Antonio Fraguas, na seguinte ligazón:

http://www.seminariogalan.org

(2018-2019) Participamos nas actividades do Salón do libro 2019

Despois de ter elaborado o noso traballo sobre a "Eco-revolución", para participar no Salón do Libro, chegou o momento de participar nas actividades organizadas no mesmo.

Podes ver o traballo na entrada que publicamos fai unhas semanas:

16/03/19: (2018-2019) ECO-REVOLUCIÓN: Creamos o noso traballo para o Salón do Libro 2019. Con vídeos e realidade aumentada

 

Tódolos nenos e nenas do centro estiveron presentes nas actividades propostas para cada grupo, e visitaron a exposición onde se atopaba o noso traballo xunto co dos restantes colexios participantes.

Recibiunos o lobo ORBIL a todos e todas despois dun ano sen vernos.

 

Os de infantil asistiron a unha sesión de contacontos con Queliña e visitaron a exposición acompañados pola guía "Cris".

 

 

Os de primeiro e segundo asistiron a unha sesión de contacontos seguida dunha visita pola exposición, onde puideron ver o noso traballo alí exposto.

 

Os de terceiro e cuarto participaron un obradoiro de creación literaria.

 

Pola súa banda os compañeiros e compañeiras de quinto e sexto, descubriron a evolución da tecnoloxía asociada á escritura ó longo do tempo e, por suposto, tamén visitaron a exposición.

 

Cando rematamos chegou o momento de recuperar forzas coa merenda.

 

Unha visita a un parque preto do Pazo da cultura, serviu para rematar esta fantástica xornada, antes de voltar ó centro.

 

Lembra que atoparás máis información nas diferentes entradas que se publiquen nos blogues dos recantos de cada nivel.

Podes ver moitas máis fotografías na galería de imaxes á que podes acceder de seguido.


IMG_4365.jpeg

GALERÍA FOTOGRÁFICA:

(2018-2019) Participamos nas actividades do Salón do libro 2019

 

 

Máis información sobre o Salón do libro e horarios para as visitas de balde en www.salondolibro.gal  

(2018-2019) ECO-REVOLUCIÓN: Creamos o noso traballo para o Salón do Libro 2019. Con vídeos e realidade aumentada

Este curso o tema do Salón do libro é "A revolución". Como no centro estabamos xa metidos noutra serie de tarefas relacionadas co medio ambiente e o coidado da natureza, decimos que os libros que crearían en cada unha das aulas terían que ver coa acción do home contra a natureza. Plantexaríamos tamén solucións como mostra da nosa revolución, a "eco-revolución".

Ademais do libro que cada grupo faría, tamén creamos  entre todos e todas un globo terraqueo no que poder incluir os diferentes traballos e no que, ademais, poderíamos sinalar onde tiñan lugar eses fenómenos medioambientais.

 

Xunto a cada un dos libros creados polos diferentes grupos, estes elaboraron tamén un vídeo no que explicaban o fenómeno dando alternativas e solucións ós mesmos.

Para que os visitantes do Salón do libro puidesen velos, incluímolos no traballo con Realidade Aumentada (na portada de cada libro), e como con códigos QR (enlazados ós vídeos en youtube) nos diferentes lugares do globo terráqueo.

 

Asi quedou o noso traballo, unha vez rematado, cos libros e vídeos creados polos compañeiros e compañeiras dos diferentes niveis. 

 

Antes de levalo para o Pazo da Cultura en Pontevedra, o traballo pasou por tódalas aulas para velo unha vez rematado, e comprobar se funcionaban correctamente os códigos QR e a realidade aumentada ademais de, por suposto, mirar o ben que quedaron os libros creados por cada curso. 

 

Podes ver, de seguido, os vídeos que insertamos no traballo, con QR e RA:

      

 

Podedes atopar máis información sobre a creación deste traballo, nos blogues dos diferentes recantos correspondentes a cada curso, nesta mesma web.

Agora tan só nos falta asistir as actividades organizadas polo Salón do libro, e poder ir a ver o noso traballo, xunto cos dos restantes centros participantes. Desto daremos cumprida conta nunha futura entrada neste blogue.

Máis información sobre o Salón do libro e horarios para as visitas de balde en www.salondolibro.gal  

 

(2018-2019) Desfile e festa do Entroido 2019: “Animais en perigo de extinción"

Despois de seguir as instrucións do Porcoespín Serafín, que podedes ver en diferentres entradas dos blogues de cada curso, chegou o día da celebración da festa do Entroido. Amosamos así todo o traballo de elaboración dos mesmos.

Este curso o tema era "animais en perigo de extinción", o mesmo no que estamos a traballar para elaborar o noso traballo para o Salón do libro 2019.

 

Os pingüíns de Educación Infantil 1:

 

Os elefantes de Educación Infantil 2:

 

 

Os osos polares de 1º e 2º

 

Os Osos pardos de 3º e 4º

 

Os monos do Amazonas de 5º

 

Os linces ibéricos de 6º

Cando todos e todas estabamos listos, comezamos o desfile polas rúas preto do colexio, onde nos estaban a agardar as nosas familias.

 

Despois do desfile polas rúas do concello, chegou o momento de desgustar os postres do Entroido, que xuntamos coa colaboración das familias.

 

Nas aulas de Infantil tamén houbo degustación e festa.

 

 

Lembra que podes ver moitas máis fotografías desta celebración do Entroido na Galería Fotográfica. Accede a ela desde aquí.

 

(2018-2019) O porcoespín Serafín manda que traiamos posto....

Para o XOVES os de 5º e 6º escolleron que viñéramos co disfraz que quixéramos.

 

 

Para o MÉRCORES os de 3º e 4º escolleron vir cun zapato diferente en cada pe.

 

Para o MARTES os de 1º e 2º elexiron que todos viñéramos coa cara pintada...

 

Para o LUNS os de INFANTIL decidiron que traiamos posto ó colexio...

 

 

(2018-2019) Celebramos o Nadal actuando no Festival e coa visita do Apalpador xunto da Apalpadora

Coa chegada do mes de decembro comezamos a decorar os nosos corredores con motivos de Nadal, para celebrar a chegada desta sinalada data.

Así decoraron o corredor os nenos e nenas de infantil.

 

 

No andar superior  optaron por esta decoración.

 

O resto do corredor do andar inferior quedou así decorado.

 

 

Ata a nova mascota da Biblioteca "O porco-espín Serafín" puxo as súas mellores galas.

 

Os días 20 e 21 de decembro celebramos o noso tradicional Festival de Nadal. O primeiro día só para os compañeiros e compañeiras e o seguinte día para as familias.

 

Velaquí o programa de actuacións:

Os presentadores de 6º foron dando paso ós diferentes números:

 

Os de infantil de 5 anos representaron a obra "A min non me comas na noite de Nadal"

 

Infantil de 3-4 anos bailaron "Buscando Papa Noel a árbore de Nadal"

 

En 1º e 2º axudaron a Santa Claus e os seus renos coa obra de teatro "Rudolph"

 

Seguido dunhas cancións en inglés

 

A "Danza das horas" correou a cargo dos compañeiros e compañeiras de 3º.

 

 

Pola súa banda os de 4º interpertaron "Estreliña onde estás"

 

 

O teatro "Conto de Nadal" chegou da man dos compañeiros e compañeiras de 5º.

 

Quenes tamén nos agasallaron cun baile. 

 

 

Seguido dunha canción creada por unha das compañeiras. 

 

 

Os compañeiros e compañeiras de 6º interpretaron a peza instrumental "First Noel"

 

 

Seguido dun baile moi "navideño"

 

 

E como remate de festa, "e por sorpresa", os profes bailaron o "burrito Sabanero", na que rematamos todos no escenario.

 

Ó finalizar o curso, como cada ano, no DVD que vos entregaremos poderedes atopar todas estas actuacións.

 

Tamén recibimos a visita do Apalpador e da Apalpadora, o día 21, xusto antes de que chegasen as vacacións de Nadal.

 

Como despedida regaláronnos unhas landras para que plantemos carballos, xa que eles viven nos bosques.

 

Velaquí o agasallo que nos entregaron.

 

 

Todo o claustro de mestras e mestres deséxanvos unhas felices festas a todos e todas.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.