Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

primeiro

Busca las imágenes iguales

Os dejo un enlace para trabajar la asociación de imágenes. Deben buscarse las imágenes iguales lo más rápidamente posible. Esta actividad favorece la memoria y la velocidad lectora.

http://jeux.lulu.pagesperso-orange.fr/html/assoMemo/aPoussi1.htm

Tendal de poesía

Tendal de poesía

Temos unha novidade na biblioteca de aula,un tendal de poesía no que toda a clase pode participar. Consiste en facer un intercambio de poemas seguindo esta norma:  para levar un poema do tendal hai que deixar alí outro

Os poemas cópianse e decóranse e teñen que levar o nome do autor.

Poden ser copiados na casa ou na escola e de calquera libro.

Os poemas que se deixan no tendal pódeos coller calquera outro alumno da clase, polo que non se recuperan.   Os poemas que se levan para casa son para quedarse con eles ou, se queren, para volver cambialos por outros.

Árbore da familia

En 1º estamos a traballar a familia e os parentescos. Estaría ben que os pais que quixesen falasen cos seus fillos sobre como se chaman os seus avós ou bisavós, cantos tíos ou curmáns teñen, e.t.c.

Poderían tamén realizar unha árbore xenealóxica  e ver ata onde poden chegar investigando sobre os seus antepasados. Poden debuxar a árbore os propios nenos e poñer os nomes ou as fotografías dos membros da familia. Tamén se poden atopar modelos de árbores xenealóxicas en internet para imprimir e completar.

Espero que vos animedes e pasedes un bo rato cos vosos fillos, e que eles aprendan sobre os seus orixes.

(2014-2015) Xogando cun tangram feito na clase

Na clase de Plástica realizamos un tangram circular e conseguimos facer as figuras dunha tartaruga e dun peixe. Os nenos levan o tangram para a casa e poden xogar a facer as figuras que aparecen nel ou a inventar unhas novas. Tamén fixemos un tangram para ter na aula.

 

Practicar a direccionalidades das letras

Se pinchades nesta páxina atoparedes xogos nos que poderedes practicar a forma de escribir as letras:

http://agrega.catedu.es/visualizar/es/es_2009040312_7200025/false

(2014-2015) Unha tartaruga na aula de 1º

Na aula de 1º temos unha mascota, a tartaruga Sofía. Aquí temos unhas fotografías do día que chegou á aula.

Entre todos déronse ideas para o seu nome e logo votouse e por maioría decidiuse que se chamaría Sofía. Uns días despois descubrimos que é macho, pero o nome xa non llo cambiamos.

Cada día dous alumnos encárganse de cambiarlle a auga e botarlle comida e os venres turnaránse para levala ás súas casas. Para iso, teñen que pedirlles permiso aos pais e ver se poden levar a Sofía no autobús, xa que a maioría dos nenos van a casa en autobús. 

(2012-2013) Entroido

Así pasamos o entroido os de primeiro.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.