Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

sextoaventúrate

REVISTA DIXITAL " O CERVO"

Ola de novo a tod@s:

Queremos recordarvos a tod@s que este curso foi habilitada na biblioteca unha zona de investigación e redacción para o periódico escolar que por 1º vez se levou a cabo en formato dixital coordinado polo noso grupo de "xornalistas en acción en busca de información".

Escribimos varios artigos tendo en conta as seccións e colaborou con nós xente do entorno, varios persoeiros entrevistados, e as restantes aulas da escola.

Podedes ver a  nosa edición na páxina web da escola, en " O cervo dixital". Colaborou con nós tamén o equipo de dinamización da biblioteca escolar.

Pasámonos á prensa "on line". A ver que vos parece!!!

  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/2253

BO VERÁN!!! 

 

 

 

(2015-2016) Os vellos non deben namorarse...

Para celebrar a Semana do libro, decidimos que a nosa aportación sería representar un anaquiño dunha obra de Castelao que leva por título: " Os vellos non deben namorarse".

E, chegado o día, aí estabamos nós, aspirantes a actores e actrices, feitos un manoxo de nervios, intentando de que non se nos olvidara o guión...

 

Aínda que a algún sí se lle olvidou, non se deu conta ninguén...Que madeira de actores!!!!!!!!!!!

(2015/2016)BICHOS IMAXINARIOS

Un ano máis, participamos na convocatoria do SALÓN DO LIBRO e, desta vez o tema trataba sobre "BICHERÍA".

Como nos gusta moito superar novos retos, fomos máis alá,e, non traballamos sobre bichos calquera, non...Decidimos inventar nós uns bichiños ilóxicos e inexistentes...Mirade, mirade..

 

 

 

 Este foi o resultado final, que xunto co resto dos cursos que participaron deu lugar a esta árbore cheíña de bichería!!!!!!!

 

 

 

 

 

 

 

(2015/2016) O NOSO PRIMEIRO TRABALLO DE XORNALISMO

O pasado día 8 de marzo celebramos no colexio o día da muller traballadora.Nós fomos os encargados de organizar as preguntas que máis tarde lle iamos a facer a unhas invitadas moi especiais:  sete mulleres, moi traballadoras, de Campo Lameiro.

Primeiro recollemos polas aulas as preguntas que os demais nenos prepararon, e organizámolas de maneira que cada curso tivera un turno de catro preguntas.

 

E......chegou o día...........

Estas son as preguntiñas...Xa vedes que somos ben curiosos/as!!!!!

 

 

INFANTIL 1..............1).Con que máquinas traballas a terra????

 

( AGRICULTORA)


INFANTIL 2...........1)Cantos alumnos/as tiñas????

(MESTRA)

 



PRIMEIRO


*Que querías ser de pequena? ( MESTRA)

*Como chegaches a ser carteira?? (CARTEIRA)

*De onde sacas as ideas para esculpir??? ( ESCULTORA)

*Que cultivas??? ( AGRICULTORA)




SEGUNDO


*Que tiveches que estudar para ser farmaceútica??? (FARMACEÚTICA)

*Gústache o teu traballo, ou preferirías traballar noutra profesión??? ( CARTEIRA)

*En que consiste o teu traballo???? ( CONCELLLEIRA)

*Que material utilizas para as túas esculturas??? ( ESCULTORA)



TERCEIRO



***Que tiveches que estudar para ser farmacéutica????? ( FARMACEUTICA)

*Con cantos anos empezaches a traballar no campo??????? ( AGRICULTORA)

*** Cantas cartas entregas diariamente??????? ( CARTEIRA)

***Cantas horas traballas ao día?????? (CONCELLEIRA)


CUARTO


****É difícil conciliar a vida laboral coa vida familiar no teu caso?????( FARMACEUTICA)

*** Pensas que mellorou a situación das mulleres nos últimos anos???? ( CONCELLEIRA)

**** Que opinas de que as mulleres cobren menos ca os homes realizando o mesmo traballo???? ( PROFE)

***Estás contenta coa túa elección???? (AGRICULTORA)



QUINTO

***Que libro che marcou máis a túa infancia??? (FARMACEUTICA)

***Como foron os teus comezos escultóricos???? (ESCULTORA)

***Que beneficios che aporta o teu traballo????? (CONCELLEIRA)

***Botas de menos o teu traballo????? (MESTRA)


SEXTO


***Que che motivou a estudar farmacia?????

***Que sentimentos che provoca esculpir a pedra?????

***Sería todo máis fácil se foses un home???????

*** Agora que xa estás xubilada, a que dedicas o tempo libre que tes????? ( MESTRA)





Estas son as nosas mulleres...Coñecedes a algunha??????? Pois había unha farmacéutica, unha telefonista, unha mestra, unha política, unha escultora, unha carteira e unha agricultora ...CASE NADA!!!!!!!

 

 

(2015/2016) Os nosos comezos...no periodismo!!!!!

A clase de 6º emprende este curso un novo reto: a elaboración dunha revista dixital.

Invitamos a un periodista amigo para que nos puxera ao día de por onde tiñamos que empezar...Non foi fácil....pero para nós non hai nada imposible!!!!!!!

 

 

E...Puxémonos mans á obra.....

 

Buscámoslle un nome..."O CERVO DIXITAL""

 

 E...Dividímonos por equipos e seccións.

 

  EQUIPO LOCAL

Carla, Iago, Lesta, Silvia, Víctor e Inés.

  EQUIPO DE OCIO

Ainhoa, Ana, Riopa, Antón e Hugo

  EQUIPO DE DEPORTES

Lya, Helena, Sara, Raúl M. Remi.

 

PERO...Faltábanos a plataforma donde iamos a publicar as nosas novas!!!!!!!( Nós non podemos estar en todo!!!)

 Así que lle pedimos axuda ao coordinador das TIC, ou sexa, ao profe óscar...E...vaia se nos axudou...Agora xa temos na páxina web un apartadiño para a nosa revista

 

( 2014-2015 ) O noso " Granell" particular


O RESULTADO FINAL DO NOSO PROXECTO
 
E para rematar  co proxecto que tiñamos este curso no cole sobre diversos pintores,( xunto cos demais nenos/as dos outros cursos ), e como xa tiñamos unha certa práctica nesto da pintura, alá nos fomos á sá de usos múltiples, que, por certo, estaba moi triste, e plasmamos na parede o noso " cabalo" que pintara Eugenio Granell, pintor elexido polas aulas de 5º e 6º .
 Actualmente hai un cadro deste artista no Museo de Pontevedra, que pudemos ver o día que fomos de visita...Unha gran sorpresa!!!!!
 
Bueno, aí vai a nosa aventura en usos múltiples...
 
 
 O que está detrás de nós é o cabalo de Granell...Aceno
 
Tamén participaron os alumnos/as de 5º, non é mérito noso solamente...E quedounos chulo,chulo... Sorinte
 
A ver se aquí se ve mellor...
 
 
 
 
 
 FANTÁSTICO!!!!!!!!!  

( 2014-2015) " Uns cadros con clase"

 

 As nosas obras de arte abstracto.Sorprendido

Despois de ver tantos cadros de artistas surrealistas, entráronnos uns desexos enormes de transformarnos en pintores...Burla Pero non en un pintor calquera, non...

Así que, indagamos no mundo destes xenios da pintura para ver se podiamos contaxiarnos un pouquiño do seu inxenio. E algo debeu pasar, con Miró, Dalí, Picasso, Van Gogh,Granel...Porque, de repente, surxiu a inspiración que todo artista desexa ...Mirade..Mirade...SorprendidoSorprendido

 

 

 

Este foi o resultado do noso traballo sobre o proxecto de pintura que fixemos este curso. Os cadros están expostos no corredor da planta baixa do cole!!!!

 

 

 

 

 

Que artistazas somos!!!!!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

(2014-2015) GRANELL EN MOSAICO

O noso proxecto sobre Granell vai vento en popa...Sorinte

Con moitas ganas de traballar , con moito esforzo , e sobre todo , con MOITA PACIENCIA...Conseguimos rematalo !!!!Aceno

 

 

 

 

 

O RESULTADO FINAL FOI...

 

 

 

Pinturas a Granell

Decatámonos que sabiamos moi pouco de quen era e que estilo utilizaba Eugenio Granell...Eso sí, as súas obras tiñan moita cor, e resultaban un pouco difíciles de entender.

Así que, buscamos, investigamos, preguntamos, e descubrimos cousas interesantes sobre el, e a súa pintura...

 

 

 

 

 

 

 

( 2014-2015) Somos uns artistas !!!!!!!!!!

Ola de novo chicos/asBurla

Hoxe imos comenzar a traballar nun proxecto artístico que nos vai a ter ocupados ata final de curso, momento no que descubriremos as nosas dotes artísticas, porque ,entre todos os nenos/as do cole, imos pintar a entrada para darlle un toque  de cor.

Despois de pensar,pensar e requetepensar no asunto decidimos que Eugenio Granell sería o protagonista do noso proxecto Aceno

Por que?Sorinte

Pois porque é un pintor galego ,porque os seus cadros son coloridos, porque nos gusta o seu estilo...

  Entón cada un de nós, buscou a obra  que lle gustaba máis e enviámola ao noso correo electrónico (quintoaventurate@gmail.com)e despois da votación, ao final esta resultou a gañadora:

" El Chamán"

A través deste cadro imos a coñecer un pouquiño máis a Eugenio Granell.

 

 Outras obras súas...

 Foto

 

 FotoFotoFotoFoto

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.