Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2010-2011) Participación en campo a través - Deporte escolar-

Un ano máis os nenos e nenas do noso centro participan na xornada de campo a través celebrada o venres 25 de novembro en Soutelo.

Enchemos o autobús co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º máis dous rapaces de 2º. Aquí estamos saindo do noso colexio.

Xa alí, demos un paseo polo que ía ser o percorrido.

 

Despois de agardar un bo anaco nas gradas,  comezamos a competir.

As primeiras foron as nenas de 3º.

Como premio ao esforzo, un bo abrazo da súa mestra!

Os seguintes en competir foron Anxo e Raúl de 2º, que quedaron de primeiriños, xunto cos nenos de terceiro.

 

Aquí vemos por orde como foron chegando á meta. Anxo foi tan rápido que nin tempo deu a fotografialo.

 

 

Os seguintes en sair foron as nenas de 4º e 5º. Tamén o fixeron moi ben a pesar do que costaba respirar ese aire tan frío.

Así foron chegando á meta.

 

  

Toca o turno dos nenos de 4º e 5º.Preparados, listos,xa!

 

Fixérono tamén moi ben, uns dos mellorciños foron Ismael de 4º e Roberto de 5º. Todos foron chegando aos poucos detrás deles.

As nenas de 6º, xunto coas de 1º da ESO, foron as seguintes en competir.

Destacou Alba, tras dela chegaron as súas compañeiras.

 

E por último Xaime e Xulio, de 6º, que cos rapaces de 1º da  ESO tiveron que facer o percorrido máis longo.

 

Rematadas as carreiras todos puidemos repoñer forzas e quitar o frío do corpo cun chocolate ben quentiño.

Xa de volta  no autobús algún deles aínda lambía os bigotes recordando o rico que estivera.

                         

Xa só queda agardar ao venres que ven , que é cando nos enviarán as clasificacións e comprobaremos o ben que o fixemos todos nós.

Noraboa a todos e todas. Sodes uns campións! Aceno

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.