Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2021-2022) Celebramos o Samaín participando en obradoiros e cunha exposición de cabazas terroríficas.

Coa chegada do Samaín decoramos os corredores do centro que quedaron "terroríficos".

   

O día do Samaín, para celebrar unha das festas que máis nos gustan, organizamos unha serie de obradoiros nos que paticiparon tódolos nenos e nenas:

   

OBRADOIDO DE BAILE:

No que cada un dos grupos grabou un vídeo dunha coreografía, "terrorífica", que ensaiaran co profe Paulo.

Podes ver como quedaron os vídeos dos bailes de cada unha das aulas na seguinte ligazón:

(2021-2022) Bailes terroríficos na celebración do Samaín [VÍDEOS]

        

OBRADOIDO DO FOTOMATÓN TERRORÍFICO:

No obradoiro do fotomatón terrorífico, grazas a un chroma verde, foron escollendo que fondo querían usar, para "posar" dando moito medo.

   

Fai click sobre a imaxe de cada grupo para ver tódalas fotos tomadas, por cada aula, no fotomatón.

INFANTIL:

1º e 2º                                               3º e 4º:

5º e 6º:

        

OBRADOIRO DE MANUALIDADES:

No obradoiro de manualidades desenvolveron a súa creatividade máis terrorífica:

       

OBRADOIRO DE CURTAMETRAXES DE MEDO:

Na biblioteca visionamos varias curtametraxes "de medo".

    

Podes ver moitas máis fotografías do que fixemos nos diferentes obradoiros, na galería fotográfica, na seguinte ligazón:

(2021-2022) ÁLBUM DE FOTOS - Obradoiros e celebración do Samaín

   

Tamén organizamos a nosa tradicional exposición - concurso de cabazas do Samaín que, gracias a colaboración das familias, quedou así de fantástica.

             

Despois de que cada quen votase ás súas cabazas favoritas, e tras un reñido reconto...

     

...  por fin se deron a coñecer as máis votadas de cada unha das aulas.

       

Tamén se entregaron diploma ás cabazas máis orixinais. 

     

Podes ver moitas máis fotografías da entrega de premios e diplomas ás cabazas da exposición, na galería fotográfica, de seguido:

(2021-2022) ÁLBUM DE FOTOS - Obradoiros e celebración do Samaín

   

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.