Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2021-2022) Celebramos os aniversarios do mes de outubro en Infantil.

Co remate do mes de outubro, chegou o momento de celebrar os aniversarios dos compañeiros e compañeiras, que cumprían anos neste mes. Novamente, por mor da COVID-19 non podemos celebralo como nos gustaría (e como facíamos en cursos anteriores), pero aínda así os homenaxeados tiveron o seu momento especial.

Como sempre fixemos unha camiseta de agasallo para os que estaban de aniversario ese mes, onde escribimos os nosos nomes e a decoramos con pintura especial para tela.

     

Por suposto tamén tiveron que crear a súa coroa de aniversario, decorándoa coa axuda dos compañeiros e compañeiras que cada quen elixiu. 

 

   

Cando chegou a data sinalada, que tiñamos anotada no noso calendario online, cada un deles soprou a candea co número de anos que cumprían.

  

     

XOSE - 4 anos: 

      

CARLOTA -  5 ANOS.   

       

ELOY  -  3 anos:

 

Agora temos que agadar a que remate mes de novembro para voltar a celebrar os novos aniversarios.       

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.