Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Préstamo biblioteca de familias

Boas familias!

Coa situación deste curso escolar e ante a imposibilidade de que vós, as familias, entredes no recinto escolar e poidades facer o préstamo na nosa sección de biblioteca de familias buscamos unha alternativa. 

Así que pensamos en continuar co préstamo enviándovos os libros na mochila dos vosos fillos e fillas.

E como facemos? Pois moi fácil!

1. Bota un ollo ás seccións de libros que temos. Atoparás os enlaces más abaixo.

2. Cando teñas escollido o libro, completa o formulario que atoparás ao final da lista de libros.

3. Enviámosche o libro na mochila do teu fillo/a. A duración do préstamo é de 15 días, coa posibilidade de amplialo.

Se tes algunha dúbida escríbenos a: serafinbiblioteca@gmail.com


SECCIÓNS:

LIBROS QUE NOS AXUDAN A EDUCAR:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/3284 

LIBROS SOBRE VALORES E EMOCIÓNS:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/3278

CONTOS PARA LER EN FAMILIA:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/3277

LIBROS "ECO, BIO, SAN":

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/3321

Acceso rápido

Servidor do centro

Asociación de nais e pais

Formación do profesorado

Radio O Cervo

Proxectos T.I.C. do centro

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

« Agosto 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Destacados

 
   
  
  
  
 
  
Bibliotecas escolares de Galicia

O Cervo dixital