Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016-2017) E ademais en marzo... tamén sucedeu todo isto.

Durante estas semanas de marzo, ademais de todo o que podes ler en entradas precedentes deste mesmo blogue, tamén sucedeu todo isto na nosa aula.

Co comezo do mes marcamos on noso calendario online as datas máis significativas de todo o que ía suceder no mesmo.

 

O primeiro sería participar nas actividades do Salón do Libro en Pontevedra, tal como vos contamos nunha entrada ó respecto, para o que nos fomos anotando nun listado a medida que íamos traendo a autorización.

 

Desenvolvimos as nosas habilidades motrices, de coordinación e movemento nas sesións específicas de psicomotricidade no pavillón.

 

Cada venres continuamos a levar libros para cada da nosa biblioteca, facendo o rexistro na aplicación online...

 

... para completar o noso libro de rexistros. Traballando por parellas podemos ayudarnos uns ós outros.

 

Para conmemorar o Día Internacional da Muller descubrimos o traballo de Begoña Vila, unha astrofísica premiada pola NASA por dirixir a creación do telescopio máis grande do mundo. 

 

Con diferentes datos do seu traballo e vida creamos, xunto cos compañeiros e compañeiras de EI 1, un mural en forma de "galaxia espiral", o tipo de galaxias que estudiaba Begoña.

 

Colgámolo no corredor xunto cos traballos dos outros grupos, de mulleres relevantes da historia galega.

 

 

Continuamos a traballar aspectos lóxico-matemáticos usando os robots da nosa aula, nos intercambios entre as dúas aulas.

Xogamos a descubrir "que código de cores había" en cada unha das liñas, ocultas ou non, observando o comportamento dos Ozobots.

 

Para logo crear os nosos propios percorridos empregando os códigos correspondentes.

 

Tamén medimos canto tardaban en percorrer as liñas, segundo o código de cor que tivesen, empregando o cronómetro da tablet, anotando o resultado en cada caso, así descubrimos que camiño era o máis rápido.

 

Comezamos a emprgar un novo robot "o WEDOO", que primeiro había que construír, seguindo a instruccións.

 

Para conseguir que funcionase.

 

Logo coa tablet creábamos a programación lóxica para que andivese cando lle dixeramos... xogamos así a facer carreiras entre os dous robots que construímos. Se o código estaba ben feito andaría sen problema, se non o facía había que revisar o código a ver que sucedía.

 

Asistimos a unha sesión de maxia, cun mag fantástico.

 

E ata algún de nos puido participar nalgún dos trucos que fixo.

 

Polo día do pai, creamos un regalo para as nosas familias. O primeiro foi anotara lista de materiais que iamos percisar para facelo e a cantidade necesaria de cada un deles. 

 

Puxémonos mans á obra para poder construír as nosas libretas personalizadas. Contando os paus que precisaríamos segundo o anotado na lista de material.

 

Unha vez seco e listo, tan só quedaba empaquetalos cun papel de regalo que nos mesmos fixemos, non sen antes escribir nunha das páxinas unha mensaxe de felicitación.

 

En moitas das actividades traballamos dentro dos equipos cooperativos, asignándonos roles e funcións, chegando a acordos e asumindo responsabilidades de forma dialogada.

 

Mesturamos cores para conseguir outras novas.... 

 

... para crear composicións fantásticas.

 

Nos intercambios cos de 3 anos, xogamos a descubrir a serie numérica...

 

... e a descubrir cores e figuras en volume, desenvolvendo aspectos de motricidade fina, modelando os nosos bonecos de neve... fixemos unha chea deles.

 

Despedimos a Núria, a mestra de prácticas que estivera na nosa aula ata o Nadal e que agora estivera na clase de EI2. Troúxonos unhas galletas que estaban deliciosas.

 

Fixémoslle un agasallo feito por nós, un retrato asinado, e un libro de Frida Calo, a súa favorita.

 

Celebrámolo cunha tarta deliciosa.

 

Antes de rematar o trimestre elaboramos o noso boletín de auto-avaliación, nesta ocasión incluímos un "acróstico" do nos nome completado con "aspectos positivos", que entre todos fomos dicindo de cada un dos nosos compañeiros e compañeiras.

 

Tan só nos quedaba gardar tódolos nosos traballos deste trimeste, xunto co boletín de auto-avaliación, para poder levalo todo para casa.

 

Vémonos á volta das vacacións, con novas experiencias e descubrimentos.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.