Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) No mes de maio tamén sucedeu todo isto

No pasado mes de maio, ademais de todo o que vos contamos noutras entradas, como a visita dos nosos avós ou a investigación sobre Ketih Haring, tamén sucedeu todo isto.

DEBULLANDO E SEMENTANDO MILLO:

Mentras continuamos a ver como, día a día, medran as plantas que sementarmos ó longo de todo curso, e das que xa vos falamos en entradas anteriores, decidimos sementar todos xuntos "millo".

 

Debullamos unha espiga para poder sacar os grans de millo... foi moi divertido ver como saltaban disparados. Eso si había que usar os dedos dun xeito concreto senón non funcionaba.... en seguida pillamos o truco.

 

Facendo un buratiño na terra fomos, un a un, sementando os grans de millo.

 

Ós poucos días observabmos como "algo comezaba a aparecer" entre a terra.

 

E despois de algunhas semanas conseguimos ter "unha gran plantación de millo"

[foto das plantas de millo ]

 

COMPLETAMOS O DOSSIER DAS PLANTAS:

Despois de ter sementado tódalas plantas nos meses anteriores, quedaba aínda por poñer o día o noso dossier de seguimento das plantacións.

 

AS COPLAS DOS MAIOS:

Ademáis departicipar na confección e de cantar os Maios, tamén traballamos coas nosas coplas buscando palabras nelas e, rodeándoas de diferentes cores.

 

RECIBIMOS UNHA CARTA DE PRIMEIRO E UNHA INVITACIÓN:

Despois de presentar a nosa película ós compañeiros e compañeiras, como xa vos contamos nunha entraa anterior, recibimos unha carta dos de primeiro (que o curso pasado estaban na nosa aula) onde nos felicitaban polo traballo.

Tamén miramos como había carteis por todo o colexio invitándonos a ver a súa exposición de cadros, que eran o resultado do seu traballo con diferentes autores para pintar a súa parte do mural (como imos facer nos con Keith Haring do que xa vos falamos noutras entradas).

 

E NO PAVILLÓN...

Nas sesións de psicomotricidade no pavillón pasámolo de medo.

Poñéndonos dacordo para conseguir unir moitas cordas e chegar "dunha parede do pavillón ata a outra".

 

Quedounos unha corta "longuíiiisima".

 

Xogamos a ser equilibristas de cirxo nese enorme "aramio".

 

E a desplazarnos por ela coordinando movementos, en diferentes posicións e con diferentes obxectos... cada vez era máis difícil.

 

Os compañeiros e compañiras de primaria estaban todos falando de como xogaban as canicas ("ás bolas"), despois de que estiveran traballando sobre os xogos tradicionais nas sesións de E.F.

Nos tamén probamos a xogar. Noa explicounos como se podía xogar, xa que o seu irmán maior lle explicara como facelo.

 

Foi moi divertido tentar meter a bola no "guá" ou que chocasen unhas contra as outras.

 

Xogamos á vez unha chea de partidas, organizando o espazo para non interferir uns nos outros.

 

Xogamos tamén a outro xogo tradicional, como era o peletre ou a "rayuela".

 

Divertímonos desplazándonos por circuitos creados polo profe.

 

Escollendo un ou outro camiño, segundo quixeramos que fose máis ou menos difícil.

 

E por equipos, escollendo o material que cada grupo acordase, creamos os nosos propios circuitos.

 

Uns circuitos que, unha vez feitos e superados por cada equipo tiñan que ser, recorridos polo outro equipo.

 

No mes de xuño aínda nos queda moito por vivir na nosa aula... seguide atentos este blogue e xa veredes todas as sorpresas que nos esperan.

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.