Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) A pementa que fuxe- Primeiro experimento e historia para o Salón do Libro

No mes de xaneiro comezamos a participar nun obradoiro de experimentos que levamos a cabo semanalmente.

Cos catro primeiros levados a cabo, elaboramos tamén o noso libro co que participaremos no Salón do Libro.

Este libro é conxunto cos nen@s de Infantil 2 e consiste en darlle unha perspectiva literaria a cada experimento, inventando unha historia na que as persoaxes teñan certo paralelismo cos materiais empregados. E por iso ao noso libro o chamaremos "Ciencia ou ficción" .

Vos contamos nesta entrada o primeiro deles e a historia que inventamos a partir desta experimentación.

A PEMENTA QUE FUXE

Materiais empregados: prato con auga, pementa, xabón.

Así o reflexamos no noso dossier.

  

 

Botamos auga nun prato, engadimos  pementa, e probamos a ver qué pasa se poñemos un dedo no centro do prato..............non pasa nada.

Falta o xabón.

 ANTICIPAMOS QUE PODE SUCEDER
-Vamos a mezclar todo.
-Cuando juntemos todo, va a arder. Si lo pruebas, porque la pimienta arde.
-Si echamos jabón, se va a volver verde.
-Entra la pimienta dentro del jabón y se hunde.
-Olerá a jabón y pimienta.
-La pimienta se va para el fondo.

A continuación botamos un pouco de xabón na punta do dedo e o poñemos no centro do prato.

¿qué sucede agora?

A pementa escapa para os bordes do vaso.

DEDUCIMOS que sucede porque..
-Porque el jabón es más fuerte y la separa.
-Los granitos de la pimienta son más pequeños y los del jabón más grandes.
-Porque el jabón salió muy fuerte. El dedo de Nayra fue a mucha velocidad. (probamos a facelo moito máis despacio e sucede o mesmo).

A explicación científica é a seguinte:

A pementa flota enriba da superficie da auga. Na superficie hai unha capa de auga máis firme pola súa maior forza entre moléculas. Isto chámase tensión superficial. Ó introducir o xabón esta tensión disminúe no centro, facendo fuxir a pementa. Nos bordes onde o sabón aínda non chegou, a capa tira do centro cara fóra.

 

E pasamos á parte literaria, pensando e decidindo as persoaxes que sustituirán aos protagonistas do experimento. Así, na nosa historia, a pementa serían as follas de árbores; o vaso con auga, un río, e o xabón un lóstrego.

 

Así nos quedou a historia:

CANDO OS ANIMAIS FALABAN,  NUN  RÍO  DUN  LUGAR  DE  AMÉRICA,  NO  QUE  NON  VIVÍA  NINGUÉN  POIS  A  SÚA  AUGA  ESTABA  CHEA DE  VENENO  DE  ESCORPIÓNS.
UN  DÍA  COMEZARON A  CAER SOBRE AS AUGAS DO  RÍO  MOITAS  FOLLAS DE  ÁRBORES  QUE TINGUIRON  A  AUGA  DE  NEGRO.
ESTA  TINTA  NEGRA  MEZCLADA CO  VENENO DE  ESCORPIÓN, FACÍAO  MÁIS  POTENTE E  PELIGROSO.
UNHA  NOITE  DE  TRONADA, UN LÓSTREGO  CAEU SOBRE AS AUGAS DO RÍO PROVOCANDO  UNHA  INUNDACIÓN, E  QUE  O  VENENO, AS  FOLLAS  E A  COR  NEGRA  SAÍRAN DO RÍO E  DENDE  ESE DÍA  TODO  VOLVEU A  ESTAR  EN CALMA E  NO  RÍO XA  SE  PODÍA  VIVIR.
E REMATOU O CONTO E TODOS CONTENTOS.

O equipo dos cans ocupouse de ilustrar a historia así como escribir o comezo e o final da mesma e o título do experimento.

   

Unha vez rematada, Iker dalle os últimos retoques.

 

Ademáis, cada día que levamos a cabo un experimento, facemos un rexistro do mesmo nun dossier individual, onde pegamos os materiais, escribimos os seus nomes e do experimento, o numeramos, debuxamos o proceso e escribimos unha explicación do mesmo.

      

Esta parte tamén vai no noso libro para o Salón, acompañando á literaria.

Estade atentos que aínda nos quedan moitos experimentos d e historias que contarvos, e curiosidade e inventiva non nos faltan!

 

 

 

 

    

 

    

  

 

 

 

 

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.