Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Proxecto de Investigación sobre Charles Chaplin

No pasado mes de decembro comezamos este novo proxecto de Investigación, que á volta das vacacións retomamos.

Como o estamos compaxinando con outras propostas: a paz, nun taller de experimentos e a preparación do Salón do libro, imos moi amodiño con él e a nosa tarefa final será a elaboración dunha curtametraxe de cine mudo.

Nunha sesión na aula de informática visionamos unha serie de fotografías de retratos de homes con diferentes características e unha casi común a todos: o bigote.

Enseguida identificamos a Chaplin, e establecimos uns diálogos en torno ás similitudes e diferencias destas imaxes, identificando a que estaría fora de lugar neste conxunto e para iso tivemos que observar moi detidamente.

Chaplin é unha persoaxe que a todos nos gusta e ante a pregunta  QUÉ SABEDES DE CHAPLIN? descubrimos que o que sabíamos era o que víramos nalgunha foto ou video pero...sería  realmente así?

-Sé que es Chaplin porque lo vi en la tele.

-Nunca habla.

-Siempre, siempre falla en las cosas, un chico le pega, no cabe por la puerta...

-Trabaja mucho, lo sé porque vive en una fábrica y trabaja allí.

-Siempre lleva bastón y cuando no tiene bastón se cae.

-Es muy gracioso.

-Una vez él y un niño jugaban a piratas.

-Chaplin no tiene bigote, me acabo de dar cuenta de que en esta foto sí.

-Sí que tiene bigote.

-Me he enterado de una cosa. Éste es Chaplin cuando era viejo. Cuando iba muriendo le nació un bigote.

-Vive en una casa destruida.

-Con un molino.

Ante a pregunta ¿QUÉ QUEREDES SABER?

-Sobre a súa vida. 

 Cómo era de pequeno, cómo eran os seus pais, irmáns. Se tiña fillos.

-Se vive ou morreu.

-Ónde vivía.

-Qué películas fixo.

-Cómo se fai unha película. Cómo é un equipo de grabación.

-Ademáis da cámara e o escenario qué se necesita?

Decidimos que podíamos buscar información en libros, revistas, contos, películas, ordenador e internet, preguntando en casa...

E despois de enviar unha nota a casa pedindo axuda na búsqueda de calquera tipo de información, fumos traendo á escola todo aquilo que atopamos e contándolle aos demáis en qué consistía:

                            

                            

                

Tamén Nayra nos achegou información nun pen drive, que visionamos na pizarra, contándonos con quén a buscou e ónde.

Escritas as ideas previas e as preguntas que nos plantexamos no noso mural, lle fixemos un longo marco decorativo con siluetas diminutas de Chaplin, que recortamos e pegamos nel.

   

E comezamos a ver algúns dos videos de Chaplin que temos na web do noso cole, no apartado videos, fixándonos na súa forma de vestir

-con ropa de casado, de novio.

-siempre la lleva negra y nunca se cambia.

-nunca se quita el sombrero.

-nunca, nunca, nunca se pone el pijama. Sólo se quita la ropa y se deja el pijama.

-como un mayor.

 

E na súa forma de moverse..

-anda así porque tiene mucha prisa.

-Tiene una pierna mal. Por eso siempre lleva el bastón.

-Sí, le duele una pierna.

-Porque seguro que se cayó.

-Nunca posa el bastón.

e xogamos a camiñar como Chaplin, botando os pés hacia os lados e movéndose deprisa.

                        

 

Despois de observar diversas fotografías de retratos de Chaplin con diferentes expresións, recompuxemos un puzzle da súa cara, pero as pezas estaban todas mezcladas e cada un tiña que buscar as súas, só sabíamos que tiñamos 6 pezas os de 5 anos e 4 pezas os de 4.

 

Os máis pequenos tamén formamos o crebacabezas pero as nosas non estaban todas mezcladas coas dos compañeiros.

  

Unha vez montado, pegamos as letras do seu nome na orde axeitada.

Debuxamos con témpera negra no noso block a cara de Chaplin.

    

E como no libro que trouxo Alberto onde saen moitas das pelis que fixo Chaplin hai moitas fotos súas, escollemos unha imaxe del cunha expresión da cara que nos gustase e apuntamos a páxina desa imaxe para que logo a profe fotocopie todas, pois faremos unha actividade máis adiante con estas imaxes.

 

Por equipos tamén levamos a cabo unha actividade coa témpera que consistía en pintar o retrato de Chaplin con distintas cores como facía Andy Warhol. Vimos antes na pantalla os seus retratos, que nos fixeron moita gracia, e xa listos, comezamos coas nosas.

As nosas obras comezaron moi ben, pero a medida que ía  pasando o tempo custounos máis seguir unha orde e non pintar sobre o pintado así que a repetiremos esta vez seguindo outras pautas e con outros materiais.

Pero nos sirveu esta actividade para levar a cabo unha proposta cooperativa e na autoavaliación nos paneis, comprobar algunhas das cousas que temos que mellorar.

 

 

E tamén comezamos a buscar as respostas ás nosas preguntas.

Escoitando un video que está na web con algunha información e algunha lectura da información traída de casa, descubrimos que Chaplin xa morreu, aos 88 anos, que naceu en Londres, que lle deron un premio Oscar ou que tiña un irmán e os seus pais eran artistas de music hall e Chaplin con 5 anos participou nun espectáculo dos pais, sustituíndoos.

E tamén por equipos eliximos qué resposta escribir no mural, buscando nas fotocopias algunha fotografía que nos viñera ben ou en internet en google.

(aquí o equipo das flores busca unha fotografía da cidade de Londres e un mapa)

     

Escritas as respostas no mural, contamos aos compañeir@s o que anotamos no mural e cómo traballamos en equipo, dándonos conta do que tiñamos que mellorar na próxima proposta.

En algún equipo precisamos axudarnos uns ós outros para falar aos demáis, como neste caso no dos cans, que Iker lle recorda a Lara e Lucas o que fixeron eles, para que o expliquen aos compañeir@s.

Cos vídeos que vimos dalgunha das pelis, establecimos diálogos sobre o que acontecía nelas e despois de escribilas entre todos no mural tamén as anotamos no noso dossier xunto coa foto da película e un debuxo dalgunha delas.

(pendiente de foto)

Levamos a cabo unha serie de sesións de "xogar a pensar" con distintas escenas da película de  Chaplin "El chico" , ademáis de dramatización, que vos achegaremos nunha próxima entrada.

E continuamos a dar resposta as nosas preguntas, que áinda nos quedan moitas!!

 

 

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.