Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Descubrimos a Malala polo Día da Paz e non Violencia

Na última semana de xaneiro, entre as palabras do noso muro coa M, xurdiu o nome de MALALA, os profes contáronnos que era unha nena que loitaba por que tódalas nenas puidesen ir ó colexio e que lle dispararan por iso.

Decidimos coñecer algo máis sobre ela, de cara á nosa participación na celebración do día da Paz, o 30 de xaneiro, que xa tiñamos marcado no noso calendario.

No recanto de infantil, no apartado de vídeos, atopamos varios sobre Malala, que fomos visionando e escoitando, para sacar as ideas máis importantes.

Entre os datos que alí descubrimos falaba dun libro que escribira, que o profes trouxeron á clase.

 

Nel aparecían tamén fotografías de Malala ó longo da súa vida, incluso a da súa estancia no hospital.

 

Para contarllo a todos e todas, fomos plasmando estas ideas, xunto á fotografías nunha árbore que fixemos no corredor, inspirada na que se podía ver nunha das láminas sobre árbores, organizándonos por parellas.

         

 

Tamén estampamos cos selos das letras: "DÍA DA PAZ" o none da Malala.

 

Así quedou a árbore da vida de Malala xa rematado, agora tódolos nosos compañeiros e compañeiras poderán descubrir tantas cousas como as que xa sabemos nós.

 

Tamén fixemos unhas Malalas que convertir en títeres, e pola parte de atrás puxemos unha das frases máis coñecidas dela. 

"Un libro, unha pluma e un mestre poden cambiar o  mundo"

 

Tamén participamos na proposta do equipo de convivencia do centro, de decorar unha camiseta co símbolo da paz. No noso caso fixémolas nas aula con témpera especial para tela.

Así de chulas nos quedaron.

 

O día 30 de xaneiro, cando celebramos o día da paz no centro, estivemos bailando a canción que nos ensinou a profe Merce e que soaría na celebración, na sala de usos múltiples.

 

Coas nosas camisetas da paz e cos monicreques de Malala que fixeramos, asistimos a celebración do día Paz e non Violencia, xunto ós demais compañeiros e compañeiras do centro.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.