Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Chegou o Nadal.... así o traballamos

Ademais de preparar as nosas actuacións para o Festival de Nadal, que explicamos noutra entrada que publicamos anteriormente; polo Nadal tamén fixemos todo isto:

 

CONTAMOS OS DÍAS QUE FALTABAN NOS CALENDARIOS DAS AULAS: 

Desde que cambiamos a folla do noso calendario a Decembro, e anotamos nel as datas máis destacadas, fomos contando cantos días restaban para que chegase os días das nosas actuacións, as vacacións de Nadal, e por suposto o día de Nadal.

Se fas click na imaxe anterior, podes acceder ó noso calendario online de aula.

 

UNHA ÁRBORE DE NADAL DIFERENTE:

Como cada Nadal, de forma conxunta, os compañeiros e compañeiras das dúas aulas de Educación Infantil, creamos unha árbore de Nadal diferente.  Nesta ocasión estaría formada por paus (e ata parecía unha escaleira) e decorada cos  adornos que iamos facer na casa coa axuda das noas familias.

 

Cos pasos dos días foron chegando os primeiros adornos feitos e, todos xuntos nos reuníamos para que o propietario decidise onde penduralo na nos árbore, para descubrir que novos adornos trouxeran os compañeiros da outra aula e para contar cantos tiñamos xa.

 

Con pintura dourada, purpurina e uns paus creamos unha estrela que coroaría a nosa árbore.

 

Así de impresionante quedou a nosa ábore con tódolos adornos que fixemos nas casas.

 

Noraboa polos traballo a tódalas familias que colaborástedes, xunto cos vosos fillos e fillas, para facer posible esta árbore tan fantástica.

 

DECORANDO O CORREDOR CON CAMPÁS:

Para decorar o corredor, tamén xunto ós compañeiros e compañeiras de INFANTIL 1, pintamos e decoramos unhas campás enormes.

 

Tivemos que calcular canta cinta iamos necesitar para a parte inferior, empregando diferentes estratexias para cortar a parte sobrante.

 

Así quedaron rematadas, listas para penduralas no corredor de infantil do colexio.

 

 

A NOSA POSTAL DE NADAL:

Nesta ocasión a nosa postal de Nadal fixémola empregando unha técnica nova: O ESTARCIDO con cepillo de dentes. Había que ter coidado coa témpera dourada de que non salpicase demasiado. Cunha plantilla de estrela conseguimos un efecto moi curioso.

 

Fixemos de fotógramos e, uns ós outros, fomos retratándonos vestidos de "Santa Claus". Empregaríamos logo esta imaxe na nosa postal.

 

Cunhas pegatinas navideñas e escribindo "bo Nadal" en galego, castelán e inglés a nosa postal estaba rematada.

 

Aquí tes un exemplo da que fixeron os de tres anos.

 

E esta dos máis maiores.

 

Xa estaban listas para levalas para casa, xunto cos demais traballos.

 

 

FACENDO BOTAS DE NADAL:

Decoramos a nosa porta con botas de nadal, feitas con pezas soltas que "por equipos" tivemos que organizar seguindo as instruccións. Ademais cada equipo tiña que decidir, poñéndose dacordo, en que orde prefería facer as dúa tarefas plantexadas para ese día.

 

Cada equipo tivo que organizarse para recortar "tantas botas como integrantes tiña o seu equipo".

 

Decidir que cor ía querer cada integrante do equipo, dos que había para escoller, e decoralos con tantas bolas e triángulos como indicaban as instruccións "escritas" na pantalla.

 

Un equipo só podía pendurar as súas botas, canto todos os integrantes do mesmo remataran a súa,  polo que botándonos unha man uns ós outros rematamos axiña co traballo.

 

Así quedou a nosa porta, chea das nosa botas de Nadal que, por suposto tiñan o noso nome.

 

PARTICIPAMOS NO FESTIVAL DE NADAL:

E como xa vos comentamos participamos no festival de Nadal con tres actuacións. Podes ver todo o que fixemos, e como o preparamos, xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula de infantil, na entrada que publicamos ó respecto, ou directamente desde aquí.

"As árbores de Nadal dos de 3 anos"

 

"Cantando baixo a choiva" dos de 4 anos.

 

Teatro:"A festa de Nadal da mosca Chosca" dos de 5 anos

 

Onde ata actuaba "Santa Claus"

 

Lembra que ademais do que che contamos na entrada ó respecto, rematado o curso, xunto coa revista escolar, levaremos para casa un DVD con estas, e outras actuacións. 

 

Pero ademais de traballar sobre o Nadal, tamén sucederon outras moitas cousas no mes de decembro, contámoscho na seguinte entrada publicada.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.