Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2013/2014) APRENDEMOS A COOPERAR / COOPERAMOS APRENDENDO

APRENDIZAXE COOPERATIVA

Unha escola inclusiva representa o medio máis eficaz para combater as ideas discriminatorias, para crear comunidades que acollan abertamente a todo o mundo. A través dela lógrase unha educación integral para todos. Pois ben, a educación inclusiva e a aprendizaxe cooperativa son dous conceptos altamente relacionados: implementando a aprendizaxe cooperativa na aula, conseguimos atender xuntos nunha mesma aula a alumnos distintos. Todos os alumnos son diferentes, diferentes en capacidade, interés, motivación, orixe social... Nunha clase organizada cooperativamente, na que todos colaboran e cooperan; axúdanse para alcanzar o obxectivo común de progresar na aprendizaxe, cada un ata o máximo das súas posibilidades.

Tendo, ademais, en conta  que o curriculum está estructurado entorno ás competencias básicas, podemos afirmar que, algunas delas (competencias comunicativas, competencias sociais...) requiren necesariamente da estrutura cooperativa da actividade na aula. A interacción entre os participantes, e dicir, a relación entre iguais, é a maneira máis apta para favorecer o verdadeiro intercambio de ideas, e a discusión, isto é, todas as condutas capaces de educar a mente crítica, a obxectividade e a reflexión discursiva.

Ademáis do esforzó e o traballo individual, dase tamén una gran importancia ao traballo en equipo. Non se trata de substituir una cousa pola outra, senón de complementar ámbalas dúas.

Tomando como base a investigación que se está a desenvolver no departamento de Psicopedagoxía da Universidade de VIC sobre Aprendizaxe Cooperativa, actualmente estamos a implementar na aula prácticas baseadas este tipo de estrutura.

O primeiro paso é preparar ao grupo creando un clima favorable á cooperaciónn e, para elo poñemos en práctica algunas dinámicas:

"A silueta"

Os integrantes de cada grupo estiran un anaco de papel continuo no chan. Por turnos, os alumnos téndense sobre el, de modo que un compañeiro debuxa a silueta.

 

A algún costoulle un pouco permanecer quieto...

 

Mentres uns repasaban a silueta dos compañeiros, outros ían recortándoa. Traballaron gozando deste intre.

As siluetas son colgadas posteriormente na parede da aula. Todos teñen que escribir algo bonito ou divertido sobre cada una das siluetas dos seus compañeiros.

 

Escribían sobre as siluetas dos compañeiros e, inmediatamente despois, corrían a ver as novas anotacións que había sobre as súas propias. Como todas as mensaxes eran positivas, estaban ansiosos por lelas.

"Blanco e diana"

Trátase de que os nenos expresen como son: as súas aficións, virtudes, defectos... e, poidan así coñecerse mellor.

Utilizamos folios de cores, de tamaño A3 cunha diana debuxada no centro e, comezamos a actividade.

Traballaron con atención e entusiasmo, desexando que a diana chegase a eles!

Aquí temos una das dianas elaboradas por un dos grupos. Incluso se animaron a decorala!

Unha vez rematada a actividade fixemos una posta en común para, finalmente expoñer as dianas no taboleiro.

Estas son as nosas dianas. Non lle falta detalle!

"As páxinas amarelas"

Consiste en elaborar unhas "páxinas amarelas" da clase, onde cada un pon un anuncio sobre algo que pode ensinar aos seus compañeiros: contidos, procedementos,estratexias, xogos, cancións, actividades deportivas...
Con estes pequenos anuncios confeccionamos una Guía de Servizos da clase. De cando en vez destinaremos una sesión para que eles poidan poñer en práctica, e pidan a algún compañeiro, algún dos servizos que se ofrecen na guía.
Traballamos na biblioteca, neste ambiente tan acolledor, estamos moi a gusto!
Así van quedando os nosos anuncios!
Aquí temos as nosas "Páxinas amarelas".
"Lapis ao centro"
Esta dinámica foi posta en práctica durante una clase de matemáticas. Funcionou moi ben como estratexia a desenvolver na resolución de problemas, aspecto no que, una parte importante do alumnado, soe presentar dificultades.
Como o nome indica, os lapis van ao centro da mesa mentres, todos e cada un dos compoñentes  do grupo opinan, aportando ideas sobre a posible resposta, primeiro individualmente e, despois en grupo, decidindo entre todos cal é a mellor solución. Deste xeito, o alumnado reflexiona sobre a actividade que se lle presenta. Debe comprender o que se lle pide e, seguidamente, tratar de atopar una solución axeitada.
Entre todos deberán acordar una única solución válida.
...e seguimos traballando en grupo, cooperando para aprender e, aprendendo a cooperar.

María Sabarís

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.