Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Visitamos o museo MARCO de Vigo, Indiana Bill e o castelo de Soutomaior

Este ano, xunto cos compañeiros e compañeiras de infantil 2, 1º e 2º de primaria, como excursión de fin de curso, participamos nun obradoiro no museo "MARCO" de Vigo, xogamos no parque de Indiana Bill e visitamos o castelo de Soutomaior.

 

Preparamos a saída:

Días antes anotamos no calendario o día en que tería lugar, empregando tamén a imaxe dun autobús para poder localizalo rápidamente. Cada día fomos contando canto faltaba para que chegase o gran día.

 

Empregando o ordenador, miramos cada un dos lugares polos que iamos pasar, así como o recorrido que fariamos cando fosemos de camiño: as pontes que pasariamos, como sería o museo por dentro, que era Indiana Bill, como era o castelo... Empregamos o seguinte mapa co percorrido

 


Ver mapa más grande

 

Anotamo tamén, como en cada saída, nun listado os nosos nomes, a medida que iamos traendo a nosa autorización para poder asistir.

 

 

De camiño ó museo:

Cando chegou o gran día todos e todas estabamos xa preparados, sería unha longa xornada e non voltariamos o colexio ata as 7 da tarde.

 

Durante a viaxe en autobús, despois de abrochar os cinturóns de seguridade, fomos recoñecendo algúns dos lugares que miraramos na aula días antes como a "ponte de Rande", tamén o pasamos de "medo" cando atravesamos un tunel.

 

Cando chegamos a Vigo, o primeiro foi tomar a merenda de media mañá, mentras agardabamos para entrar no museo.

 

Había alí algunhas pombas que estaban esperando a que lle deramos algo da nosa merenda, e que nos "miraban fixamente".

 

 

No Museo de ARte COntemporanea:

Despois dun paseiño pola cidade chegamos o museo MARCO.

 

Xa dentro do museo falamos sobre o que significaba MARCO, que era e con que se podía facer arte.

 

E cada quen fixo o seu "libro de arte contemporaneo"... con material de refugallo:

 

Logo fixemos un percorrido pola exposición... había obras de arte moi curiosas... feitas con materiais inimaxinables.

 

Ata había algunha tan impresionante como esta, feita con roupa "desordeada" ordenada por cores.

 

Rematamos a visita convertíndonos en obras de arte... xogando as "estatuas".

 

 

Xogamos en Indiana Bill:

Despois dun novo traxecto en autobús, chegamos a NIGRÁN, onde se atopa o parque de xogos "Indiana Bill".

 

En canto chegamos, o primeiro foi comer, porque xa era hora... fixémolo nos sos porque xa somos "maiores" para organizarnos e ser autónomos.

 

E cando rematamos pasámolo de medo xogando impresionante parque de bolas.

 

Xogamos nos tobogáns, hinchables, coas pelotas xigantes...

 

Acabamos moi cansos de tanto xogar ;)

 

 

Merenda no Castelo de Soutomaior.

Antes de voltar para casa, fixemos unha parada para merendar no castelo de Soutomaior.

 

E fixemos unha visita rápida para ver un "castelo de verdade".

 

Para entrar atravesamos unha ponte levadiza, e cruzamos unha porta cun na parte superior. 

 

Dentro do castelo estabamos protexidos polas murallas.

 

E antes de marchar unha foto de grupo diante do castelo.

 

Logo demos un paseiño polos xardíns do castelo.

 

E antes de marchar atopamos unha pista de coches xigantes. Alí os nosos compañeiros de infantil 2 atoparon moita información para o seu proxecto de investigación.

 

Foi un día fantástico!!

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.