Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Rematamos a nosa excavación e a investigación sobre os Dinosaurios

Podes ver os pasos anteriores deste proxecto de investigación, nas seguintes ligazóns:


 

Á volta das vacacións de Nadal retomamos a nosa investigación sobre os Dinosaurios, aínda nos quedaban preguntas por respostar.

 

Rematamos a excavación... comeza a reconstrucción dos dinosaurios

A nosa escavación estaba a punto de finalizar, e entre todos e todas demos desenterrado tódolos fósiles que había agochados. Cando xa non parecía quedar ningún, os paleontólogos de E.I.2 revisaron minuciosamente para que non se nos "colase" algún oso pequeno.

 

Montar o esqueleto dos dinosarios, cos fósiles atopados non foi nada doado, eran moitos e había que "descubrir" onde ía cada un... despois de algo de "ensaio-erro" demos reconstruido os esqueletos dos dous dinosaurios.

 

Como xa sabiamos que os osos fósiles eran moi "delicados", metímolos dentro dunhas caixas no nos "museo", e engadimos un cartel de "non tocar", para que os visitantes non os destrozasen sen querer.

 

 

Como se chamaban os dinosaurios?

Outra das preguntas que tiñamos pendientes era saber "como se chamaban os dinosaurios", decidimos investigalo todos xuntos. 

O primeiro que fixemos foi "dialogar" sobre onde podiamos atopar nomes de dinosarios, os que xa coñeciamos, os que eran de verdade ou persoaxes de debuxos animados...

Finalmente decidimos comezar co video da canción dos nomes dos dinosaurios que nos encanta a todos e todas.

Lembra que tes moitos máis vídeos sobre os dinosaurios no apartado VÍDEOS do recanto de INFANTIL. [aquí

 

 

Ademáis nese vídeo aparecían escritos os nomes dalgúns dinosaurios, así que repartimos unha fotografías de dinosaurios reais e fomos identificando cales eran os que ían saíndo no video como "debuxos animados". 

 

Cando estaban indentificados, pegámolo no libro dos dinosaurios e escribimos o seu nome.

 

Como son moitísimos, fomos escribíndoos por turnos ó longo de varios días... cando alguén quería escribir un novo dinosaurios xa sabía o que tiña que facer para engadir un novo.

 

Para as restantes preguntas traballamos, como sempre, por equipos.

 

Cando apareceron e cando desapareceron? 

Este foi o equipo encargado de atopar resposta a esta pregunta.

 

Buscaron a resposta entre toda a información que atoparon no "recanto da investigación", tiñan claro que había que buscar un número... e pensaron que seguramente tiña que ser "moi longo" porque ámbolos dous feitos (aparecer e extinguirse") sucederan fai moitísimos anos.

 

Despois de moito buscar, e de preguntar ó profe que  eran os números que ían atopando, deron coas respostas que estaban a buscar.

 

Escribíronas nun papel e pegáronas no mural para da investigación.

 

Chegado o seu momento tamén explicaron ó resto dos compañerios e compañeiras o seu descubirmento. Como sempre acordando entre eles quen falaría e como o ían a explicar.

 

Canto pesaban e medían?

Outro equipo encargouse de buscar a resposta a "canto pesaban e medían"?

 

Tamén neste caso pensaron que tiñan que buscar "números" que indicasen o peso ou a altura. Finalmente deron coa resposta nunhas tarxetas que tiñamos entre a información, que indicaban o nome do dinosaurio e outros datos como a "altura e o peso".

 

Tamén atoparon no ordenador un listado co nome de dinosaurios, o peso e a altura, tan só quedaba completar no libro dos dinosaurios os datos que faltaban.

 

 

Entre todos e todas, ó longo dos días, fomos completando o noso libro, buscando a fotografía do libro que se correspondía  co dinosario que se veía na pantalla. "Lendo" onde indicaba o peso e onde indicaba a altura.

 

Chegado o momento tamén tiveron que expoñer ós compañeiros e compañeiras como e onde atoparan a resposta.

 

 

Que comían os Dinosaurios?

Unha das últimas preguntas que quedaban pendentes era saber que comían os dinosaurios.

 

Buscaron entre os libros que había no recando da investigación e foron "descubrindo" que comían os dinosaurios de cada tipo. Para descubrilo ás veces atopaban unha imaxe onde aparecia claramente indicado, outras "deducían" por se tiñan dentes ou non... e noutros casos, cando había dúbidas, buscaban no ordenador, coa axuda do mestre, a resposta axeitada.

 

Foron completando no libro dos dinosaurios, xunto  ós datos escritos polos outros equipos, se se trabata dun "carnívoro" ou dun "hervívoro", debuxando ademáis o que podían comer (de verde se era hervívoro e de vermello se era un carnívoro".

 

Tan só faltaba explicarlles os compañeiros e compañeiras o resultado da súa investigación, e como o plasmaron no libro.

 

No mural da investigación, escribimos un cartel indicando que as preguntas sobre o nome dos dinosaurios, a súa altura, peso e tipo de alimentación, tiñan as súas respostas no "libro dos dinosaurios".

 

 

 

Dinosaurios de verdade ou de mentira:

Por último, quedaban algunhas preguntas que non tiñamos claro se realmente podían ser posibles ou non. 

- Tiñan xoguetes? Ían o baño? Como ían ó colexio?...

Estivemos debatindo durante un tempo sobre que cousas eran reais e cales eran de "mentira", ou aparecían só nos debuxos animados.

Finalmente comezamos a ver na pantalla vídeos que tiñamos na nosa información para ver se o que contaban era realidade ou só "debuxos animados".

 

Cando aparecía algo que críamos que non era de verdade (un dinosaurio nun tren, un dinosaurio cantando...) parabamolo vídeo e comentabamos se era de verdade ou mentira. Cando chegamos a un acordo escribiamolo nun listado.

 

E despois de ver varios dos nosos vídeos así quedou a lista das cousas que SI eran verdade ou posibles e cales NON eran verdade.

 

 

Medimos menos que os dinosaurios:

Agora que xa sabiamos canto medían os dinosaurios, quixemos saber "canto medíamos nos"... o primeiro que fixemos, non sen un pouco de traballo e discusións, foi ordenarnos de "máis alto a menos alto", sendo o máis baixo de todos un gatiño de xoguete que trouxera Noa.

Descubrimos que as nosas cabezas, así colocados, parecían un "tobogán" que baixaba.

 

Usando o medidor da aula, e con axuda dun compañeiro que poñía un gomet na nosa altura, fómonos medido...

 

E escribindo a nosa altura, que era un número, na folla do noso dossier persoal sobre os Dinosaurios, alí puidemos compara o pequiños que seriamos ó lado dun dinosaurio... menos mal que xa non existen.

 

 

Un museo para tódolos compañeiros/as do colexio:

Coa investigación rematada, movemos o noso "museo" ó corredor do colexio, para que tódolos compañeiros e compañeiras puidesen pasar por el e descubrir cousas dos dinosaurios.

Alí podes atopar o noso ovo de dinosaurio a tamaño real, o noso mural da investigación, os esquelos fósiles reconstruidos e o libro dos dinosaurios, que iremos ampliando ó longo do curso.

 

Cando xa estaba montado decidimos deixar claro que non podían tocar os fósiles do museo, pero si o libro dos dinosaurios, así que completamos o cartel de aviso. 

Agora di "NON TOCAR FOSILES DE DINOSARIOS"

 

Ademáis, tamén engadimos unha secuencia de imaxes sobre o proceso da excavación... así todos saberían como construimos os esqueletos.

 

Tan só nos falta rematar algunhas partes do noso dossier persoal sobre os dinosaurios, para poder levalo para casa.

 

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.