Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Actividades do centro
Día do libro
Esta semana celebramos " A semana do libro" e entre moitas actividades realizamos a recreación de diferentes portadas. Aquí vos deixamos as obras de arte que fixeron os nenos e nenas!
Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración.
Pica na imaxe para ver o video:


Para EI, 1º E 2º, eliximos o fermoso conto "Avós", para 3 º e 4º, "There was an old woman who lived in a shoe", e para 5º e 6º, "Cuando las niñas vuelan alto".
Deixámosvos por aquí algunha foto do alumnado realizando os diferentes retos.
Día de Rosalía
O pasado día 24 de febreiro conmemoramos no centro o "Día de Rosalía". Ao longo da semana traballamos coa magnífica unidade didáctica que elaboraron os Equipos de Dinamización da Lingua Galega.
Con ela aprendemos sobre a súa biografía e sobre as súas obras.
Ademais disto, aproveitamos a semana para ler diversos poemas, dos mesmos, escollimos diferentes versos cos que nos fotografamos nun precioso photocall elaborado por Bruno Lopes. Un millón de grazas por un traballo tan fermoso
Con todas as fotos elaboramos o seguinte vídeo. Que vos parece?
Plan Proxecta: a milla diaria
Este ano temos como obxectivo mellorar o noso benestar físico e emocional. Para elo, comezamos coa actividade "A milla diaria" na que todos os días un, dous ou tres grupos corren ou andan unha distancia proporcional a unha milla nun percorrido polo centro. É súper divertida e toda unha festa! E ademáis coidamos o noso corpo e a nosa mente
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL
Neste ano tan diferente, elaboramos as nosas recomendacións lectoras de Nadal en formato dixital, aquí as deixamos agardando que gocedes das lecturas.
Día da diversidade
O pasado día 3 de decembro foi o Día Internacional das Persoas con Discapadidade. Desde o cole os nenos e as nenas fixeron diferentes actividades: traballaron as emocións, a empatía, elaboraron o seu nome en Braille, visualizaron diversas curtametraxes, recibiron a visita especial de Jose, que lles contou o seu día a día, manexaron os robots sobre un taboleiro para aprender linguaxe de signos e diferentes deportistas paralímpicas...
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que fixemos.
Estrea en Youtube da nosa versión de "Quédate en tu casa"
Bo día!!
Aínda que hoxe non saia o sol, en Centieiras estamos igualmente alegres. Atención á estrea do noso vídeo, ás 11:15!!
Querido Marcial, botarémoste de menos
Hoxe é o último dia de Marcial, así que con todo o noso cariño lle adicamos esta presentación
Entroido 2020
Aquí temos as fotos do pasarrúas, das canción e bailes e da degustación dos produtos de Entroido. Pasámolo fenomenal!
Entroido 2020
Este ano o tema central do entroido en Centieiras será "O camiño de Santiago".
O venres 21 de febreiro, ás 10:30 sairá o noso pasarrúas dende o cole ata o concello, onde cantaremos e bailaremos unha canción.
Despois, á volta teremos a degustación de produtos de Entroido que prepararon as familias con tanto mimo e esmero.
Todas as familias están convidadas a pasar con nós este día tan divertido e alegre.
Vinde a Centieiras!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »
