Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Actividades do centro

ACTIVACIÓN EDUSAÚDE 21-22 3º DE PRIMARIA

 

O alumnado de 3º de Primaria collendo enerxía pola mañá e realizando unha das actividades da activación, recollidas no Blogue de E.F "O Furancho da E.F" e que pertencen o Contrato Programa Edusaúde 21-22. Estes rapaces son xeniais...non si?? Risa

ACTIVACIÓN EDUSAÚDE 21-22 6º DE PRIMARIA

 

O alumnado de 6º nunha das sesións de activación do Contrato Programa Edusaúde Guiño  Que ledicia velos activarse con tanto xeito!!! 

RELAXACIÓN INFANTIL 3 ANOS

 

                                                                                    RELAXACIÓN 

Que gusto da ver a estes pequenos e pequenas disfrutar dun momento de relaxación!!! Risa  A relaxación forma parte do Contrato Programa Edusaúde que estamos a desarrollar no centro, o cal inclúe, alimentación saudable e aumento do cómputo de horas adicadas a actividade física (milla, activación, relaxación e misións saudables) 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O venres 11 de febreiro co motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, levamos a cabo unha serie de actividades para resaltar o papel da muller na ciencia.

Durante todo o día sonaron nomes polos corredores tales como: Jane Goodall, Marie Curie, Olimpia Valencia... 

Non só iso! Todo o alumnado e profesorado fixemos SLIME!! Para iso contamos coa axuda das alumnas de 5º de E.P. que, repartidas polas aulas do cole, mostráronnos as súas cualidades para facelo e todos puidemos levar un anaquiño do mesmo para os nosos fogares.

Un día científicamente fermoso!!

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

MEU DESEXO TEU DESEXO

Tes ante ti unha instalación artística baseada na obra orixinal de Rivane Newenschwander.

Esta autora rememora una tradición que se practica en San Salvador (Bahía) e que se remonta ao S.XVIII.

Os visitantes toman unha cinta e a atan ao pulso, supostamente unha vez estes se desprenden, o desexo cúmprese.

No burato baleiro, é posible incluír un papeliño, donde habería que escribir un novo desexo.

En Centieiras convidamos tanto a alumnado e as familias a participar nesta actividade.

Estas son as mostras do que aconteceu no noso centro.

DIGICRAFT 21-22

 

                                                                                      DIGICRAFT EN CENTIEIRAS 21-22

 

Con Digicraft estamos a aprender e mellorar a nosa competencia dixital ao mesmo tempo que nos estamos a divertir un montón!! Queremos compartir algúns dos nosos mellores momentos: traballando en equipo, cooperando e pasando anacos de tempo ben entretidos Risa

 

 

 

Festival de Nadal Centieiras 2021

Presentámosvos estas cancións, contos e bailes con todo o noso cariño. Felices festas e vémonos á volta!

 

Distribuir contido