Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Actividades do centro

CAMIÑO Á FAMA 4ºEI

Ola rapazada, ola familias!

Desta vez ensinámosvos o baile desenvolvido o venres pasado por parte do alumnado de 4º de educación infantil, os máis pequerrechos/as do colexio, polo que se cabe cobra todavía máis mérito. Estiveron algo tímidos pero dentro da súa lóxica fixérono XENIAL!!! Interpretaron a canción titulada... "O pitiño amareliño".

Aí vos vai!

 

DIA DE ROSALIA

Celebramos o día de Rosalía cun fotomosaico, creando a imaxe de Rosalía a partir de cada un/unha de nós.

E ademáis, saimos ás prazas do noso Concello para recitar poemas.

O ENTROIDO DE CENTIEIRAS!!!

Ola rapazada, ola familias!

Un ano máis volta o Entroido ao noso colexio e como non somos de pouca troula... festexámolo a tope!!!

Por aquí deixámosvos un extracto de como fomos disfrazados todos e todas, alumnado e profesorado. Cada ciclo ou cada curso foron do que lles pareceu oportuno, pero todos cunha temática que estamos a traballar no centro este ano, O XOGO. Así atopámonos con MARIO BROS, pezas de LEGO, roles de ELFOS, do xogo de CLUEDO... Despois de facer un pasarrúas ata a Praza do Concello e vir de volta cantando unhas regueifas elaboradas polo alumnado, foi a quenda das merendas nas aulas cos doces típicos do Entroido para posteriormente, desfrutar dun recreo amplo ata a hora de irse para a casiña a desfrutar das vacacións. Picade na imaxe para visualizalas fotos e o vídeo máis abaixo.

Ata a vindeira entroidada!!!

 

 

CAMIÑO Á FAMA 5º EI

Ola rapazada, ola familias!

Desta vez é o grupo de 5º de educación infantil os encargados de deleitarnos con esta coreografía tan marabillosa. Para elo empregaron a canción chamada... "O baile da formiga". Puro espectáculo!!! PARABÉNS a todos e todas, ao igual que a súa mestra polo traballo previo realizado.

 

Chega o Entroido!

O Entroido está moi preto,

así que pon atención

a todos estes mandados

pola Bruxa Encarnación:

LUNS 13:

O luns, para comezar,

a cabeza engalanada

teremos que levar.

 

MARTES 14:

Martes, con alegría,

en mandil todo o día!

 

MÉRCORES 15:

O mércores é un día moi especial

polo que todos xuntos temos que loitar,

apoiando aos nosos compañeiros

un pano na cabeza todos levaremos.

 

XOVES 16:

O xoves o mandado estará cumprido

cun pixama ben atrevido.

 

VENRES 17:

O venres chegou a festa:

Ao Concello cantando regueifas!

Mentres xogamos, aprendemos,

os nosos disfraces dan proba delo.

CAMIÑO Á FAMA 6 EI

Ola rapazada e familias!

Hoxe presentámosvos a coreografía realizada o venres pasado polo alumnado de sexto de educación infantil versionando o tema de "FAME" de Uxía Lambona e a Banda Molona. Puro espectáculo!!!

Ata a vindeira coreografía...

 

Día da Paz

O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Para iso, cociñamos a mellor sopa do mundo para a paz de Centieiras. Por grupos cooperativos, levando a cabo a dinámica de lapis ao centro, preparamos as receitas para botar na pota e así cociñar unha sopa chea de agarimo, axuda e respecto.

 

CAMIÑO Á FAMA 1º EP

Ola, nenos/as e familias!

Deixámosvos un novo vídeo da actividade "Camiño á fama" dentro do programa educativo EduSaúde. Desta vez son o alumnado de 1º de educación primaria os verdadeiros artistas desta actividade que tanto lles gusta.

 

 

 

OBSERVA-ACCIÓN

 

No mes de outubro decidimos dar un pasiño máis e seguir formándonos en innovación educativa, inscribímonos no proxecto Observa-acción. Como indicamos na infografía, Observa-acción, trátase dun programa que ten como finalidade mellorar a práctica docente a través da observación entre iguais e a posterior posta en común e reflexión sobre o observado.

Na práctica... que supón isto? Supón abrir a aula a ollos atentos e curiosos de compañeiras que nos achegarán outra visión sobre o que pasa, sobre as relacións entre alumnado e mestras, sobre as diferentes actividades propostas, sobre a utilización do espazo, a linguaxe empregada...

Estamos emocionadas e desexando poder aprender as unhas das outras!

Distribuir contido