Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Educación primaria
8M Día da muller 2022
O martes 8 de marzo conmemoramos na escola o Día da muller.
Para celebrar este día, cada aula investigou previamente sobre unha científica e decorou un paraugas con datos sobre a súa biografía e os seus achados para a ciencia. Con todos os paraugas creouse unha exposición na planta baixa da escola. Quedaron todos chulísimos!
A clase de 6º dedicamos o noso paraugas a Ángeles Alvariño, unha importante oceanógrafa natural de Ferrol que descubriu nada máis e nada menos que 22 novas especies de organismos mariños!
Como broche final, despois do recreo, todo o alumnado reuniuse na pista cuberta para bailar a canción Morra o Conto da Banda da Loba.
Encontro con Andrea Maceiras
O venres 4 de marzo tivemos a gran sorte de coñecer a Andrea Maceiras, autora do libro A Folla Azul, galardoado co premio Merlín de literatura infantil 2020.
Contounos moitas cousas interesantes sobre a Amazonia e a tribo dos Kayapó, nos que se inspirou para crear a tribo dos Tacaré, á que pertence Husu Aké, a protagonista do libro.
Puidemos facerlle moitas preguntas sobre as personaxes, os animais e as situacións que aparecen no libro e foi un auténtico pracer poder falar con ela. Moitas grazas, Andrea!
CÓNTOCHE DO MEU AVÓ E DA MIÑA AVOA?
Esta é a primeira entrega da actividade "Cóntoche do meu avó e da miña avoa?".
Agardamos que vos guste, o alumnado cando mirou este vídeo emocionouse, esperamos qus vós vos emocionedes tamén.
XOGOS DE MESA INTERACTIVOS COAS FAMILIAS
O martes 21 de decembro, último día lectivo do primeiro trimestre, realizamos xogos de mesa interactivos coas familias.
Pasámolo moi ben, o tempo sóubonos a pouco; de feito a todos os grupos da clase quedounos un xogo por xogar, queriamos máis tempo!!!
Dende aquí dámoslles as grazas a Jes, o papá de Marcos; a Isa, a mamá de Daniela Garrote; a Lidia, a mamá de Irea; a Silvia, a mamá de Ariadna; e a Libanca, a tía de Xantal... non nos esquecemos de Rebeca, a mamá de Darío que, como na nosa aula xa tiñamos cuberto o cupo de pais e nas voluntarios e voluntarias, estivo a xogar co alumnado de 3ºEP.
Grazas por dedicarnos o seu tempo para vir xogar con nós.
Gustarianos que volveran á nosa aula con xogos ou calquera outra actividade.
Unha forte aperta para todos e todas e moitos bicos.
BOAS FESTAS E VENTUROSO ANO 2022!!!
O Slime perfecto de 5ºEP!
Actividade dos nenos e nenas de 5ºEP enmarcada dentro do programa Novos Materiais organizado pola Axencia de Innovación Galega. Que ben o pasaron!
ç
CONTOS DE BOCA en 4ºEP: A LENDA DOS "FOGOS FATUOS"
Hoxe, venres 10 de decembro, visitounos Juana, nai de Carmela, de 4º, e de Roque, de 1º .
Foi unha experiencia moi bonita, apagamos as luces e baixamos as persianas, contounos o que son os "fogos fatuos", ela coñeceunos a través dunha lenda que lle contou a súa tía avoa cando era nena.
Descubrimos como os nomean en diferentes libros e como aparecen en películas. Nunca escoitaramos falar deles, e, ás veces, aparecen nos libros e nas películas para amosar bos camiños, e outras veces para guiar polos malos roteiros.
Tróuxonos libros nos que se fala destes fogos, e visionamos anacos de películas nos que os puidemos ver. E, para rematar, queimou un pouco de alcohol e chegamos a ver coma o lume ía cambiando de cor, o mesmo que sucede con estes fogos!
Agora, cada vez que leamos un libro ou miremos unha película estaremos pendientes de se aparecen ou non.
Gazas Juana por contarnos esa lenda, gustounos moitísimo, agardamos que poidas volver e nos contes outra lenda tan fermosa coma esta!!!
TALLER STEAMM Fundación Abanca DJ MAKEY MAKEY
Dentro do PDI "Pingas de ciencia", o xoves 9 de decembro participamos nun taller STEAMM da Fundación Abanca no cole.
Faláronnos do que era a sinergia, e chegamos a descubrir que a música pode ser representar con cores diferentes.
Programamos tamén, mellor dito iniciámonos na programación, con SCRATCH: escollemos a personaxe e o fondo e, unindo pezas, fumos quen de conseguir que a personaxe de cada grupo poidera moverse e emitira sons.
E convertémonos en "rapeiros e rapeiras"!!! Uns grupos crearon as súas letras dende cero, outros completando poesías de Manuel María. Gravamos os nosos raps no ordenador e, usando unha placa conectada ao ordenador e a unha mesa de DJ de cartolina, as personaxes bailaban ao son das nosas cancións.
Gustounos moito a actividade, algúns de nós estamos pensando en pedirlle aos Reis ou Papa Noel unha placa para poder crear nas nosas casas.
DIGICRAFT 6º
Digicraft 6º
Digicraft é un programa educativo que ten como obxetivo formar ao alumnado entre 6 e 12 anos nas Competencias Dixitais que lles permitirán desenvolver o seu máximo potencial. O programa desenvólvese a través da metodoloxía Digicraft. A metodoloxía Digicraft é unha proposta didáctica innovadora para desenvolver a Competencia Dixital a través do xogo e a experimentación
Aquí vos deixo unhas imaxes dalgunhas das actividades que xa levamos a cabo na nosa aula
