Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
A CASA REAL DA SÚA MAXESTADE O REI D. FELIPE, ESCRIBE A NOSO COLE!!!
Co obxecto de ir preparando o derradeiro tema da área de CCSS de 6º curso, no que se estudan as institucións fundamentais de España como o Congreso, o Senado, a Comunidade Autónoma, o Concello e a Monarquía, as titoras de ámbolos dous sextos, Espe e Cris, puxéronse en contacto con todas elas, inclusive a mesma Casa Real.
Nunha carta explicativa sobre a necesidade de que alumnos e alumnas coñezan, valoren e respecten as institucións que os/as representan, e á vez, comprendan estes temas tan alonxados dos seus intereses, ámbolas mestras dirixíronse á Casa Real procurando o modo de achegar os seus alumnos/as a esta insititución.
Moi amablemente, déronnos resposta e queremos compartir con todos vosoutros/as esta carta porque sinceramente, abraiounos e de paso "alporizou" a todo o alumnado de 6º EP.
Para lela carta completa picade no ficheiro adxunto.
Videochamada con Héctor Cajaraville
O día 22 de abril tivemos unha conversa por videochamda con Héctor Cajaraville, o autor de Kusuma, o libro que leron os nenos e as nenas de 4º de educación primaria.
Kusuma conta a historia dunha faisán que marcha do seu país soa e preñada dunha enorme rosada, en busca dun lugar mellor onde criar aos seus filliños.
Grazas a Héctor resolvimos incógnitas que nos xurdiron durante a lectura:
Que pasou co Pitiño 13?
Que foi de Guntur?

Convidámosvos a ler o libro e a adentrarvos nunha fermosa aventura.
Haberá segunda parte? Según Héctor é probable, así que...
Agardamos por ela!
Héctor, grazas por acompañarnos!
CRÓNICAS DE CENTIEIRAS, abril 2021
Este mes os encargados e encargadas de realizar o programa de radio "Crónicas de Centieiras" foron os alumnos e alumnas de 6º A de Educación Primaria.
Que novas terán para contarnos? Estamos desexando escoitalos.
Aquí vos deixamos o enlace para acceder ao programa.
http://173.255.131.18/audio/230421CRONICAS.mp3
Esperamos que bos guste.
Día do libro
Esta semana celebramos " A semana do libro" e entre moitas actividades realizamos a recreación de diferentes portadas. Aquí vos deixamos as obras de arte que fixeron os nenos e nenas!
Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración.
Pica na imaxe para ver o video:


Para EI, 1º E 2º, eliximos o fermoso conto "Avós", para 3 º e 4º, "There was an old woman who lived in a shoe", e para 5º e 6º, "Cuando las niñas vuelan alto".
Deixámosvos por aquí algunha foto do alumnado realizando os diferentes retos.
AS PROCESIÓNS DA SEMANA SANTA
As alumnas e alumnos de Relixión Católica queremos compartir con todos/as un dos proxectos que traballamos neste trimestre. Montamos entre todos/as a procesión da Borriquiña. Trátase de algo tradicional na nosa cultura cristiá, pero tamén é unha pinga da cultura da nosa bisbarra, xa que as procesións de Semana Santa de Ferrol son un reclamo cultural que atrae a xente de moitos lugares. É algo para coñecer, comprender e valorar.
CÓNTOCHE QUE SEI FACER? MARZO 2021
Rematamos este segundo trimestre cunha nova entrega do programa "Cóntoche que sei facer?".
Agardamos que vos guste.
https://www.kizoa.com/Video-Editor/d354966643k9999520o2l1/CNTOCHE_QUE_SEI_FACER_MARZO_2021
Día de Rosalía
O pasado día 24 de febreiro conmemoramos no centro o "Día de Rosalía". Ao longo da semana traballamos coa magnífica unidade didáctica que elaboraron os Equipos de Dinamización da Lingua Galega.
Con ela aprendemos sobre a súa biografía e sobre as súas obras.
Ademais disto, aproveitamos a semana para ler diversos poemas, dos mesmos, escollimos diferentes versos cos que nos fotografamos nun precioso photocall elaborado por Bruno Lopes. Un millón de grazas por un traballo tan fermoso
Con todas as fotos elaboramos o seguinte vídeo. Que vos parece?
SEMANA DA PRENSA
Para conmemorar a Semana da Prensa, as nenas e nenos do colexio entrevistaron a diferentes persoas da comunidade educativa co fin de investigar como afectou a COVID-19 ó seu traballo.
Con todas as entrevistas elaboramos este xornal conxunto que leva por título: "A Voz de Centieiras". Aquí vos deixamos o link para que poidades acceder e desfrutar del.
https://issuu.com/teresacarpente/docs/documentoperiodico.docx
8 de MARZO - DIA INTERNACIONAL DA MULLER
O pasado luns, 8 de marzo, celebrábase o Día Internacional da Muller e ao redor desas semanas estivemos a coñecer a figura de diferentes mulleres importantes nas 7 artes, os motivos? Moitos!
Por unha banda celebrar o "Día Internacional da Muller" e visibilizar a súa labor en diferentes disciplinas e por outra relacionar esta conmemoración co noso Proxecto Documental Integrado, porque si algo estamos a reflexionar e aprender este ano é que en moitas das cancións, en moitas pinturas, e na arte en xeral, ponse de manifesto e plásmase aquilo que sinten as artistas!
María Castro, Guadi Galego, Rosalía de Castro, Ledicia Costas, Elena Ferro, Sés... son algúns dos exemplos das mulleres elixidas. Mulleres importantes de hoxe e do pasado, mulleres da nosa terra... Galicia!!!
Ao final, coas aportacións dos diferentes cursos quedou unha obra de arquitectura ben chula!
LIMPEZA CONSCIENTE
Comprometidos con la protección de su medio ambiente más próximo, niñas y niños de 6ªA organizaron una limpieza del patio del colegio y del aparcamiento.
Enfundados en guantes y con bolsas de basura, apenas recogieron papeles de caramelos o algún papel en el patio, mientras que en el aparcamiento recogieron guantes de plástico, botellas vacías de aceite, plásticos de todos tipos, cacerolas viejas y una báscula oxidada.
La conclusión a la que llegaron al término de la actividad es que ellas y ellos tienen por delante una importante labor de educación y concienciación de los adultos para que cuiden el medio ambiente que van a heredar.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »
