Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

VISITA DE ANDREA MACEIRAS

                                                   

   O martes 14 de marzo tivemos unha xuntanza o alumnado de 5º e 6º  con Andrea Maceiras, a autora de Volverás, golfiño. Andrea cautivounos a todos coa súa novela e na visita falamos non só de literatura senón tamén de xeografía. A Costa da Morte é o lugar onde se desenvolve a historia chea de misterio e segredos. Coa súa voz cálida e agradable contestou a todas as nosas preguntas e eso que eran moitas. Antes de marchar asinounos os libros así como o libro de visitas do cole Grazas Andrea!!!