Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Solicitude persoas usuarias transporte escolar e modificación/novas paradas
Ábrese o prazo dende hoxe ata o 8 de xullo para a solicitude de novas persoas usuarias de transporte escolar, así como para a solicitude de modificación de paradas ou de novas paradas dentro das liñas existentes no centro.
Para tal fin, deberase ter en conta:
PRAZOS
Ata o 8 de xullo para todas as solicitudes
Unicamente poderán ser tramitadas fóra deste prazo solicitudes por necesidades extraordinarias debidamente xustificadas, cambios de domicilio, escolarizacións posteriores ao comezo do curso, escolarizacións forzosas, etc.
DEFINICIÓN
Serán persoas usuarias lexítimas do transporte escolar gratuíto as persoas alumnas escolarizadas en 2º ciclo de educación infantil ou en niveis de ensinanza obrigatoria cuxos domicilios se encontren fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 quilómetros, calculada utilizando o itinerario máis directo á pé.
Para poder ser persoas usuarias lexítimas do servizo as persoas alumnas deberán estar escolarizadas no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida, ou contar cun ditame de escolarización forzosa emitido pola administración educativa. Neste caso, valorarase excepcionalmente ampliar provisionalmente a ruta afectada se os tempos permiten a realización do servizo ou facilitar unha axuda individualizada. Para este trámite é imprescindible presentar o ditame de escolarización forzosa ou certificado da dirección do centro que acredite o carácter forzoso da escolarización.
SOLICITUDE DE NOVAS PARADAS
As novas paradas solicitaranse polas persoas interesadas para persoas usuarias lexítimas nos centros escolares dentro dos prazos que se establecen no punto IV.3. A dirección do centro as remitirá por sede electrónica ao Servizo de Apoio aos Servizos Educativos desta Xefatura Territorial, utilizando o impreso que se acompaña. (Anexo I – Solicitude de Modificación de Itinerario do curso 2022-2023).
Con carácter xeral, non se autorizarán desviacións de itinerarios de transporte escolar nos que existan menos de 2 quilómetros de distancia da parada solicitada ao domicilio familiar
As solicitudes de menos de 2 quilómetros de distancia domicilio-parada que impliquen incremento da lonxitude do itinerario, acompañaranse dun informe da dirección do centro, sinalando as circunstancias excepcionais que poidan xustificar a necesidade da modificación, e aportando a documentación complementaria que sexa de interese. En caso contrario serán denegadas ao non acreditarse ditas circunstancias excepcionais.
Serán devoltas aos centros para a súa corrección, as solicitudes cos datos incompletos, especialmente sen código de ruta ou localización das paradas novas. No caso de non contestar a este requirimento, considerarase desistido da súa petición, e arquivaranse
sen máis trámite.
IMPORTANTE: Non se solicitarán ni dará trámite a paradas novas fóra da zona de escolarización, excepto para aquel alumnado que conte cun ditame ou comunicación de escolarización forzosa.
AUTORIZACIÓNS EXCEPCIONAIS DO USO DE TRANSPORTE
As persoas alumnas que non teñan dereito ao uso do transporte escolar (persoas alumnas cursen FP ou Bacharelato, aquelas que viven a menos de 2 quilómetros do
centro, escolarizados fora da zona de influencia que non teñen ditame de escolarización forzosa, uso de transporte escolar doutro centro entre outros poderán
solicitalo con carácter excepcional.
As persoas usuarias excepcionais non poden solicitar o establecemento de novas paradas.
Aquelas persoas usuarias excepcionais que soliciten facer uso dunha praza de transporte escolar poderán ser autorizadas para facer un uso excepcional se cumpren
todos os seguintes requisitos:
- Que existan prazas dispoñibles no vehículo.
- A persoa alumna utilice algunha das paradas existentes, sen modificación das rutas nin creación de novas paradas.
- Non teña necesidade de incorporación de acompañante.
Esta autorización é provisional e revogable en calquera momento.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Anexo I – SOLICITUDE MI 2022-2023.pdf | 548.25 KB |
Instrucciones Anexo I.pdf | 151.27 KB |