Todo sobre a ANPA

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA PARA O CURSO 2019-2020

NESTE ENLACE

PODEDES DESCARGAR A INFORMACIÓN DA ANPA DO COLEXIO CON INFORMACIÓN IMPORTANTE.

 

COMUNICADO MOI IMPORTANTE DA ANPA

A ANPA informa a todos os usuarios e usuarias do comedor escolar que o luns, 2 de setembro, ás 19:00 horas, terá lugar unha reunión para decidir que empresa de catering levará a cabo o servizo durante o vindeiro curso escolar.

INFORMACIÓN DA ANPA SOBRE O BANCO DE LIBROS

 PARA DESCARGAR DOCUMENTO DE SOLICITUDE

 

● Aqueles membros da Anpa que desexen pertencer ao Banco de Libros da mesma é
necesario que fagan o ingreso de 26€ anuais da cuota/seguro e presenten copia do
recibo no momento de cubrir a solicitude na escola. Pódeno facer xa aqueles que
saiban que non van recibir a axuda da Xunta. Os demais convén que esperen ata
mediados de xullo a coñecer a resolución do banco de libros da Xunta, para
solicitarlle á ANPA só os libros que lle falten.
● No caso de que haxa que comprar libros, a cantidade total prorratearase entre todos
aqueles usuarios que fagan a solicitude.
● Pertencer ao Banco de Libros dá dereito a beneficiarse de todos os libros de texto
(agás o práctico de Inglés que deben mercar todos) dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de
Primaria.
● O resto de libros (Infantil, 1º e 2º de Primaria, Actividades de Inglés, etc) deberán ser
adquiridos particularmente polos pais ano.
● Igualmente, aconséllase que todos os anos os pais soliciten a axuda da Xunta para
o Banco de Libros do colexio que remata o 21 de xuño, pois todos os libros que se
poidan comprar con ese fondo autonómico, non teñen que ser abonados polos pais.
● Os libros repartiranse en setembro antes do comezo de curso. Seguiremos
informando das datas por este medio.

Reunión da ANPA do colexio

A ANPA informa a todos os seus membros da reunión de fin de curso que terá lugar este xoves 20 de xuño ás 19 horas co seguinte orde do día:

     Estado de contas: ingresos e gastos do curso que remata.

     Actividades levadas a cabo durante todo o período 2018-2019.

     Subvencións.

     Situación actual do comedor: últimas novidades.

 

BENVIDOS AO CURSO 2018-2019

Damos comezo a un novo curso e dende a ANPA informamos da oferta de actividades extraescolares que Sala 5 lle ofrece ao cole:

 

Este curso a ANPA non ofertará a actividade extraescolar de Danza Galega e pandereta, pero os alumn@s que estén interesados poden practicala no Local de N2 Animación en Cantarrana (detrás da panadería Novo). 
 
O grupo de nenos de mediana idade, no que xa están integrados os pequechos do ano pasado, terán o ensaio os XOVES DE 17'30 A 19H. O novo grupo formado polos máis pequenos ensaiarán os xoves de 16'30 a 17´30 no mesmo local. 
 
As clases comezarán o xoves 27 de setembro de 2018.

A ANPA INFORMA DA SEGUINTE ACTIVIDADE

COMUNICADO DA ANPA

A ANPA do CEIP de Celeiro convoca a todos os seus membros a unha reunión de fin de curso que terá lugar o martes 19 de xuño de 2018 ás 19:30 horas en única convocatoria, co seguinte orde do día:

 

1.    Comedor : análise profundo do funcionamento, gastos e axustes. Admisión de novas propostas.

 

2.    Memoria e avaliación das actividades realizadas durante o curso.

 

3.    Revisión de contas e actualización das cuotas.

 

4.    Banco de libros : Recolleranse os libros de texto pertencentes á ANPA o venres 22 de 10:00 a 13:30 horas, no mesmo horario que os pertencentes á escola.

 

5.    Campamentos de verán.

 

6.    Previsións para o próximo curso.

 

7.    Rogos e preguntas. 

Lémbrase a todo o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º que se anotou previamente á Ginkana Cultural polo casco histórico de Viveiro, que debe presentarse na Praza Maior da vila este domingo 17 ás 16 horas.

Obradoiro de pintura da ANPA

Durante o curso 2017-2018 impartiuse un Obradoiro de Pintura a cargo da pintora Oliva, organizado pola ANPA do colexio.

Fixeron moitos traballos e na seguinte presentación podemos ver unha pequena reportaxe en imaxes

Distribuir contido