Skip to Content

INFORMACIÓN SOBRE COMEDOR ESCOLAR DA ANPA CURSO 20-21

 

A nova ANPA do CEIP de Celeiro, que segue a acoller a novos membros intererados, aclara dúbidas dos pais con respecto ao funcionamento actual do comedor escolar:

 

 

 

❏ Puxéronse mamparas laterais nas mesas grandes para non ter que facer quendas do alumnado de Primaria, polo que todos os comensais poden xantar ás 14h e ser recollidos a partir das 15h.

❏ O alumnado maior de 8 anos podería marchar só para a casa coa autorización firmada dos pais e sempre baixo a responsabilidade destes.

❏ Os comensais de Infantil, aos que se unirán os nen@s de 3 anos a partir do 1 de outubro, están agrupados en mesas mantendo a convivencia cercana cos compañeir@s da súa clase. Igualmente gárdase a distancia de metro e medio entre todas as mesas do comedor. Estes alumnos comezan a xantar ás 13’50h.

❏ Decidíuse anular o lavado de dentes como medida extraordinaria do Protocolo Covid e para evitar riscos de contaxio.

❏ Para a adquisición dos bonos de cinco días dos comensais eventuais, as familias teñen que ingresar 25€ na conta da ANPA (ES16 2080‐0154‐59‐3040004209) e presentar o resgardo de pago a Laura, coidadora do comedor, no momento de recoller ao nen@. Ela entregará e marcará os bonos, que non teñen caducidade, para evitar que as familias teñan que entrar na escola.

❏ Como en anos anteriores, os nen@s poden ser recollidos entre as 15 e as 16h, periodo no que se mantén a coidadora para favorecer a conciliación familiar e tempo necesario ata comezar ás 16h as actividades extraescolares da ANPA. Aínda así, recoméndase que os nen@s que non quedan ás actividades, vaian sendo recollidos polas familias nese horario para que nunca superen os 20 permitidos por coidadora e non ter que contratar a unha segunda persoa para esta hora de lecer.

❏ As normas do comedor do Protocolo COvid seguen a ser o lavado de mans, emprego de máscara durante todo o tempo agás no momento de inxerir os alimentos, a distancia de seguridade e ocupar sempre a mesma cadeira no comedor ao lado dos compañeiros do grupo-clase de convivencia estable.

❏ O novo alumnado do comedor terá que pagar só a metade do mes de setembro. Recórdase aos pais e nais que para participar de calquera dos servizos xestionados pola ANPA é necesario pagar a cota de 20€ por familia e 7€ por alumn@ do seguro escolar. Sen este seguro non aceptamos ao alumnado.

❏ Os rapaces que estiveran usando o comedor o pasado marzo cando se produciu o confinamento, non abonará este mes de setembro. Por último, os antigos comensais que finalmente non se anoten ao comedor este curso, recibirán a devolución de medio mes ao longo de outubro.

❏ Informamos tamén que se lle concedeu á ANPA a subvención da Xunta de comedores escolares con unha cantidade de 1.600€ como en anos anteriores.

❏ Este curso, para anotarse ao comedor como usuario eventual ou definitivo, hai que chamar por teléfono á escola entre as 9 e as 9’30h da mañá.



page | by Dr. Radut