Os nenos e nenas da clase volven facer "O MERCADIÑO".
Pois si, despois do éxito acadado en 1º, este ano volvemos facer a actividade pero, iso si, ampliada porque agora xa sabemos pesar, calcular o que custa, cobrar e dar a volta do que vendemos.
É moi divertido e ademais aprendemos. Entre todos e todas trouxemos "cousas" para vender (caramelos, garavanzos, arroz, espagueti, feixóns, lentellas, etc.)e, por quendas fomos mercando e vendendo.
Os/as vendedores/as tiñan tamén que pesar, empregando balanzas "das de antes"; os/as compradores/as, pola súa banda, tiñan que pagar segundo o valor da súa compra.
O caso é que o pasamos moi ben. Se non o credes, mirade...