VÍDEO DA FESTA DE NADAL

Festival de Natal 2014 from CEIP de Cedeira (Redondela) on Vimeo.

Vïdeo do festival de Natal do CEIP de Cedeira celebrado o 19 de decembro de 2014 no Centro Cultural da parroquia.

ACTO DE ENTREGA DO PREMIO PONTE NAS ONDAS AO MELLOR PROGRAMA COLABORATIVO

Celebrouse en Vigo o acto de entrega dos premios PONTE NAS ONDAS. Tal e como se informou no mes de xuño, o noso colexio obtivo o de "Mellor programa colaborativo". Na imaxe podemos ver un momento do acto.

Noraboa a todos/as e grazas pola participación da comunidade educativa.

Para ver máis fotos podedes facer clic aquí.

Máis información no facebook de Ponte nas ondas.

XA ESTÁ NA RÚA UN NOVO EXEMPLAR DE "BATEA" 2015-2016

 Xa saiu! Xa está na rúa! Xa podedes ver e ler a novas do CEIP de Cedeira en exclusiva!

Xa está na rúa o número 23 da revista BATEA, este ano ¡a todo color! e con contidos moi interesantes. O noso proxecto "POLO MUNDO ADIANTE" ocupa unha gran parte das súas 51 páxinas, pero... aínda hai máis!

SE FACEDES CLIC NESTE ENLACE PODEDES DESCARGALA E VELA

 

FIN DO CURSO 2013/2014

Estes días foron especiais no colexio. O martes desprazouse ata Pontevedra o alumnado de 4º de Primaria á fase final das xornadas de promoción do atletismo.

O mércores tocaba a festa organizada pola ANPA na que tivemos inchables, obradoiro de maquillaxe e festa da espuma.

E o venres, para rematar o curso, entregáronse as orlas e diplomas ao alumnado de 6º. Logo houbo unha merenda ofrecida pola ANPA seguida da exhibicion de actividades extraescolares de bici e patinaxe.

Moita sorte aos nenos e nenas de 6º que nuns meses comezarán unha nova etapa da súa vida no instituto.

E a todas e todos desexamosvos un FELIZ VERÁN!

 

OBTIVEMOS O "PREMIO BOAS ONDAS AO MELLOR PROGRAMA COLABORATIVO"

 

REPRODUCIMOS O FALLO DO XURADO:

Premio Boas Ondas ao mellor programa colaborativo :

CEIP de Cedeira. Redondela-Galiza

Aínda que o espírito desta categoría era premiar escolas que fixeran programas conxunta e colaborativamente, nas bases da convocatoria estaba aberta a posibilidade de premiar a colaboración entre as escolas e institutos e as radios profesionais.

O programa titulado “Polo mundo adiante” é un exemplo desta colaboración que conseguiu uns resultados salientables. O enfoque do tema, que presenta unha morea de Historias de Vida relacionadas coa emigración, incide nunha proposta da A.C.P Ponte…nas ondas! que ten feito deste tema, xunto cos Tesouros Vivos, un referente do seu traballo.

NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES DA COMUNIDADE EDUCATIVA

PROGRAMA DE RADIO DAS LETRAS GALEGAS 2014

Como todos os anos, no CEIP de Cedeira realizamos un programa de radio sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Neste ano Xosé María Díaz Castro foi o elixido pola Real Academia Galega. Na elaboración do mesmo participou alumnado de distintas aulas do colexio.

Podedes escoitalo ou descargalo facendo clic aquí ou na imaxe.

 


12.59 MB

PROGRAMA DE RADIO "POLO MUNDO ADIANTE"

O venres 30 de maio estivemos na emisora de Radio Redondela participando en directo co noso programa “Polo mundo adiante”. Nel incluimos as testemuñas das familias que colaboraron relatando as súas experiencias ben na emigración como na inmigración.

Foi unha experiencia moi emocionante, sobre todo pensando que estabamos sendo escoitados dende lugares tan lonxanos como Bogotá, Brasil, Cuba, Angola, Mozambique … por tanta xente! A organización Ponte nas Ondas, que acolle a centros educativos de Galicia e de Portugal, celebraba así o seu vinte aniversario cunha maratón radiofónica que comenzou ás 10.00 horas e rematou ás 22.00horas.

Se non poidestes escoitarnos en directo,podedes oir ou descargar a gravación que fixemos no colexio, a modo de ensaio. O enlace de descarga atópase aquí ou debaixo das fotografías.


11.75 MB

CLAUSURA DO DEPORTE ESCOLAR

O día 23 de maio pechamos a nosa participación no deporte escolar. Xuntámonos no Pavillón de Soutomaior cos compañeiros dos outros centros educativos cos que compartimos varias xornadas deportivas ao longo do curso para practicar diversos xogos.

Powered by Drupal - Design by artinet