Día da PAZ 2016

O pasado 29 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ no colexio. Con tal motivo, cada neno elaborou unha mensaxe de paz e meteuna dentro dunha botella. Logo, cada clase, pendurou as súas nas árbores do patio. Coma remate cantamos e bailamos a canción de Juanes titulada: "Paz, paz,paz".

A petición de todos, tamén cantamos todo un clásico xa neste día no cole;  a composición feita  hai uns anos con esa letra tan nosa: "O TREN DE CEDEIRA".

A  paz comeza cun sorriso.

 

O magosto chegou ó CEIP CEDEIRA

O pasado 6 de novembro celebramos no cole o Magosto. Os nenos e nenas de sexto organizáronnos unhas estacións con xogos populares mentres agardabamos polas castañas. Xogamos ao pano, a encestar a castaña, un baile con castañas, á busqueda nunhas caixas das castañas agochadas no medio de serrín,... En fin pasámolo moi ben, e coma remate... unhas estupendas castañas asadas, ricas, ricas e con fundamento...

PASEO POLA ARQUITECTURA DE VIGO

Os nenos e nenas de 5º e 6º fixemos unha visita guiada pola arquitectura de Vigo. Formando parte do tema que estes cursos tratamos neste primeiro trimestre, en relación co proxecto anual do cole, "conTONeARTE". Este trimestre traballamos a arquitectura, e nada mellor que observala en primeira persona, na cidade olívica, onde coa axuda dunhas guías decubrimos detalles moi, pero que moi interesantes.

 

1º e 2º de Primaria visitan o Castelo de Soutomaior

Dentro do proxecto "conTONeARTE", os nenos e nenas de Primeiro e Segundo visitamos o Castelo de Soutomaior, xa que adicamos o primeiro trimestre ao estudio destas construcións. Pasamos un bo día e aprendemos moito da vida nestes lugares...

BOLETÍN DE NADAL DA BIBLIOTECA

Hoxe publicamos o boletín de Nadal da nosa biblioteca. Nel tedes moitas recomendacións para estes días de lecer. Podedes descargalo facendo clic na imaxe. Bo Nadal e boas lecturas.

CON TON E ARTE: DETECTIVES PARA UNHA COLECCIÓN DE ARTE

O alumnado do 3º Ciclo visitou a exposición temporal que está na Sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 26). Participaron nunha visita-obradoiro nomeada «Detectives para unha colección de arte», na que os alumnos e alumnas formaban parte duns equipos de investigadores que debían resolver o misterio que estaba detrás dunha colección de arte que garda entre os seus lenzos os grandes segredos da historia da pintura.

A exposición ten o nome "Tradición, cambio e innovación" e está desde  o 27 de xullo ao 30 de decembro de 2015, con horario para público en xeral, de martes a domingo de 18:00 a 21:00 da tarde e reúne cadros de autores tan relevantes como: Picasso, María Blanchard, Miró, Castelao, Kandinsky, Menchu Lamas, Chillida, Maruja Mallo, Tápies, Leiro, , Lugrís, Colmeiro, etc.

A experiencia foi moi interesante e aprenderon moito.

 


ACTIVIDADES DIVULGATIVAS NO CENTRO DE VISITANTES DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Aproveitando unha saída achegámonos ao Edificio Cambón, os nenos e nenas de 5º e 6º, e visitamos a exposición que alí había sobre as Illas Atlánticas.


 

No documento que se pode descargar facendo clic na imaxe recóllese o programa "Arredor das Illas" coas Actividades divulgativas de gran interese para celebrar ao longo do mes de novembro no Edificio Cambón (Centro de Visitantes do PNMTIAG) sito na Rúa Palma, 4. Vigo.

Máis información: www.parquenacionalillasatlanticas.com

SAÍDAS PREVISTAS NO CURSO 2015-2016

Estas son as saídas previstas para o presente curso.

 

1º Trimestre

2º Trimestre

3º Trimestre

Ed. Infantil

-Parque arqueolóxico de arte rupestre en Campolameiro.

- Visita a un museo.

- Teatro/música: “Mamá Cabra” (Teatro Afundación).

- Praia de Cesantes.

-Títeres.

1º e 2º de Primaria

-Teatro de monicreques: “Lío en la granja” (Teatro Afundación).

-Castelo de Soutomaior.

-Pazo de Torrecedeira.

 

- Teatro/música: “Rodarirrodari” (Teatro Afundación).

 

- Apípolis (Pontevedra).

- Títeres.

3º e 4º de Primaria

-"Enerxía para medrar" (Eroski Ponteareas) (3º)

- Combarro.

- Música: “Cousas de 4” (Teatro Afundación).

- Museo de Pontevedra.

- Obradoiro de instrumentos.

- Alice (Afundación). (4º)

-Títeres.

5º e 6º de Primaria

-“Detectives para una coleccción de arte” (Colección Afundación)

- Cine submariño (Teatro Afundación).

- Visita guiada pola arquitectura de Vigo.

- Orientación e  sendeirismo.

- Alice (Afundación).

 

- Música: “Estamos no verán” (Teatro Afundación).

-Títeres.

 

 

ANPA: Compra conxunta Libros de Texto

 

 

A ANPA comunica ás familias que decidiron voluntariamente comprar en conxunto os libros de texto, os prezos dos mesmos así como a librería seleccionada.

O arquivo está exposto tamén no taboleiro do colexio.

 

 

 

Periodo de adaptación EI 2015-2016

PERIODO ADAPTACIÓN 2015-2016

(dende o 10 ata o 23 de Setembro)

 Xoves 10 Setembro (10-13 horas)

Clara Pérez Alonso

Víctor Freaza Camiña

Martina Dacosta Otero

Daniela Fernández Domínguez

Telmo Cabaleiro Vázquez

 Venres 11 Setembro (10-13 horas)

Yago Lago Vilas

Lara Bastos González

Julia Pérez Cabaleiro

Bran Gesteira Álvarez

Daniel Quintana Fernández

Luns 14 Setembro (10-13 horas)

Eva Boullosa Zubiaurre

Inés Migueles Alonso

Rita Queimaliños Estévez

Eva Méndez Mejuto

Alexandre Jaso Otero

José David Álvarez Amoedo

Martes 15 Setembro (10-13 horas)

Clara Pérez Alonso

Víctor Freaza Camiña

Martina Dacosta Otero

Daniela Fernández Domínguez

Telmo Cabaleiro Vázquez

Yago Lago Vilas

Lara Bastos González

Julia Pérez Cabaleiro

Mércores 16 Setembro (10-13 horas)

Bran Gesteira Álvarez

Daniel Quintana Fernández

Eva Boullosa Zubiaurre

Inés Migueles Alonso

Rita Queimaliños Estévez

Eva Méndez Mejuto

Alexandre Jaso Otero

José David Álvarez Amoedo

Xoves 17 Setembro (10-13 horas)

Clara Pérez Alonso

Víctor Freaza Camiña

Martina Dacosta Otero

Daniela Fernández Domínguez

Telmo Cabaleiro Vázquez

Yago Lago Vilas

Lara Bastos González

Julia Pérez Cabaleiro

Venres 18 Setembro (10-13 horas)

Bran Gesteira Álvarez

Daniel Quintana Fernández

Eva Boullosa Zubiaurre

Inés Migueles Alonso

Rita Queimaliños Estévez

Eva Méndez Mejuto

Alexandre Jaso Otero

José David Álvarez Amoedo

Días 21, 22 e 23 Setembro (10-13 horas)

TODOS

 

A PARTIR DO DÍA 24 HORARIO NORMAL

(9-14 horas)

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet