25 de novembro. Día contra a violencia de xénero.

Nesta ocasión unímonos a unha iniciativa da Concellaría de Igualdade de Redondela. Traballamos e coñecemos a historia das irmás Mirabal, que apareceron asasinadas un 25 de novembro na República Dominicana. Estas tres irmás eran coñecidas co alcume das Bolboretas, e na súa honra, o Concello de Redondela propúxonos encher as ventás de bolboretas. Aquí tedes unha pequena mostra.

Radio Cores: Cedeira en violeta. (escoita o programa)

Baile de pixamas, polos dereitos da infancia e contra a violencia de xénero. 5º de Educación Primaira

Para conmemorar o Día Internacional do Neno (20 de novembro) e o Día Internacional pola Eliminación da Violencia Contra a Muller e Contra a Violencia de Xénero (25 de novembro), a clase de 5º de Ed. Primaria do C.E.I.P. de Cedeira fixemos un baile de pixamas, e recopilamos unha serie de frases e prantexamentos sobre estes temas que esperamos vos fagan pensar no compromiso da sociedade con eles. Agardamos que vos guste.

 

AdxuntoTamaño
25N.pdf2.71 MB

Powered by Drupal - Design by artinet