Saltar navegación.
Inicio

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2021-2022

Dende o C.E.I.P. Castrillón - Coiro queremos informarvos que de acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de marzo iníciase o prazo de admisión de solicitudes.

Atendendo á situación actual que estamos a vivir por mor da COVID-19, non podemos realizar a presentación do noso centro nin da nosa metodoloxía de traballo como en anos anteriores, por este motivo preparámosvos os seguintes vídeos para que coñezades un pouco máis sobre nós.

 

 

Ademais, tamén preparamos o seguinte tríptico informativo con toda a información necesaria sobre o noso centro, así como os teléfonos de contacto ós cales vos podedes dirixir para aclarar calquera dúbida.

 

A solicitude de admisión do alumnado realizarase mediante o FORMULARIO DE ADMISIÓN que está a súa disposición na secretaría do centro. Este formulario tamén pode descargarse no seguinte enlace.

Formulario de Admisión.

 

Unha vez descargado, deberase cumprimentar de forma manual e presentarase no centro.

ACONSÉLLASE pedir previamente CITA TELEFÓNICA nos seguintes teléfonos: 886 110 173, 886 110 172 e 886 110 170.

As franxas horarias nas que se pode facer entrega da documentación son:

  • De 9.00 a 11.00 horas.
  • De 13.00 a 14.00 horas.
  • De 16.00 a 17.00 horas. (excepcionalmente para aquelas familias que non poidan acudir ó centro educativo en horario de mañá)

 DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA NECESARIA:

  • Formulario de Admisión.
  • Fotocopia completa do Libro de Familia.
  • Fotocopia do DNI dos proxenitores e do solicitante (Se o ten expedido).
  • 4 fotografías tamaño carnet.
  • Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou do seguro que lle corresponda ao alumnado solicitante.
  • Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. (Expedida polos servicios sociais competentes que acrediten as circunstancias alegadas).
  • Certificado médico que acredite:
    • Ausencia de enfermidades infecto-contaxiosa.
    • Ausencia de defecto físico ou psíquico invalidante.
    • Estar ó día no cumprimento do calendario oficial de vacinacións.
    • A posesión dalgunha alerxia medicamentosa.
  • Volante de empadroamento no que figuren todos os membros que conviven no domicilio familiar (Solicítase no concello).

Tamén poderá realizarse a presentación telemática no mesmo prazo (desde o 1 ó 22 de marzo) na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)

Os postos escolares vacantes están publicados nesta ligazón e no taboleiro de anuncios do centro.

Prazos:

  • Solicitude de admisión e entrega de documentación: do 1 ao 22 de marzo.
  • A lista de admitidos/as e excluídos/as exporase no taboleiro de anuncios do centro na primeira quincena de maio.