PROPOSTAS PARA O 25N: 1º CICLO DE PRIMARIA
Propoñemos a lectura/visualización do conto ¨Cuando las niñas vuelan alto¨.
A continuación traballar a discriminación de xénero a partir da metáfora das pedras.
- Identificar os comentarios que aparecen no conto nos que se produce esa discriminación e ir escribíndoos en diferentes pedras creando unha enorme montaña na pizarra.
- Tamén poden incorporar novas mensaxes que escoiten ou asocien a este tipo de violencia.
- Logo tecer unhas ás con mensaxes. Feitas con folios de cores, por tiras no encerado, irán escribindo e pegando as mensaxes.
- Por cada mensaxe, collerán unha pedra, engurrarase e tirarase ao lixo, visualizando un cambio de actitude.
- Traballar as personaxes do conto.
En anexo adxunto, pedras para imprimir.
En anexo adxunto, ás de bolboreta (2copias en A3)
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Anexo 1, pedras.pdf | 113.02 KB |
Anexo 2, bolboreta.pdf | 199.28 KB |