Estimadas familias:
Os membros do Claustro do CEIP de CASÁS estamos a programar o terceiro trimestre, e farémosvos chegar as directrices de traballo unha vez que recibamos as instruccións pertinentes por parte da Consellería de Educación.
Debemos agardar a que se reúnan (o mércores 15 de abril de 2020) o Ministerio de Educación coas distintas Comunidades Autónomas para poder saber qué e cómo traballar neste último trimestre , dada a situación que se está a vivir por mor desta pandemia.
Agardamos a vosa comprensión nestes momentos de incertidume para todos e todas.
Informarvos tamén de que, en breve, poremos a funcionar a aula virtual do centro,ferramenta que nos axudará co traballo deste terceiro e inusual trimestre.
Unha aperta e moito ánimo.
O Equipo Directivo