Skip to Content

Elección Consello Escolar. Circular informativa.

 

 O próximo día 28, en horario de 14:40 a 17:00 horas, celebrase na biblioteca neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores/as legais do alumnado no Consello Escolar do centro. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:

 

            1º.-Quen pode votar.

 

            Teñen dereito a votar todos  os pais, nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

 

            2º.- Modo de emitir o voto.

 

            a) O voto será directo, secreto e non delegado.

 

            b) Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

 

            c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos/as, por orde alfabético de apelidos, e cada elector/a deberá marcar cunha cruz un máximo 1 nomes das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.

 

            d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

 

            A dirección deste centro anima a todos os pais, nais e titores/as legais do alumnado a que participen na votación do próximo luns, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

 

Circular aquí

Comedor pago por Abalarmobil

Consello Escolar

Renovación parcial de pais, nais e titores legais no Consello Escolar:

- Renovaranse 2 membros

- Data presentación solicitudes do 9-16 de novembro

- Data das votacións: 28/11/2022 ás 14:40 ata 17:40 horas.

Ver documentación achegada.

Modelo de solicitude aquí

Calendario proceso electoral aquí

Circular informativa aquí

O censo electoral atópase exposto no taboleiro do centro.

 

 

Actividades extraescolares do Concello

Estimadas familias:

Abrese o prazo de solicitude das actividades extraescolares do Concello. Estas actividades son de balde para as familias solicitantes.

Toda a info aquí

Ampliación importe cheque material

No Diario Oficial de Galicia do día14 de outubro de 2022está previsto que se publique a
Resolución do5 de outubro de 2022de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir
material escolar, regulada na Orde do29 de abril de 2022.
Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por
importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un
centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de
2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022, tamén
percibirá esta ampliación.

As familias non teñen que realizar ningún trámite a maiores.

Poderán recoller o vale a partir do vindeiro martes 18 de outubro de 10:00  a 14:00 horas.

Son beneficiarias aquelas familias que recibiron o cheque de material.

A axuda de 25 euros a maiores e terase que gastar preferiblemente antes do 31 de decembro-

Menú outubro

Menú outubro aquí

Calendario escolar 2022-23

Calendario escolar 2022-23

Información 5º e 6º de Educación Infantil

Período de adaptación Turnos

Quendas do período de adaptación aquí 

Lembrade vir a xuntanza o vindeiro día 8 ás 11. Entrada pola porta de transporte. (terceira porta subindo do instituto)

Un saúdo 

Reunión familias 4 de Infantil

Estimadas familias:

A reunión de comezo de curso para o alumnado de 4 de E.I.  terá lugar o vindeiro día 8 ás 11 da mañá. Na medida do posible, rogamos veñan só as familias, sen os peques. 

Un saúdo 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut