Skip to Content

blogue deadmin

REMATANDO O TRIMESTRE EN 4 ANOS

Neste mes, rematamos o proxecto anual das emocións que tiña como fío condutor o conto “O monstro de cores”. Pouco a pouco elaboramos este mural conxunto no que fumos proxectando as ideas relacionadas a cada emoción.

Como parte do proxecto “Transformando espazos” levamos a cabo unha plantación nunha das zonas do patio de infantil. Cada aula encargouse dunha delas e pouco a pouco poderemos ver como van medrando e dando os seus froitos.

Un ano máis desfrutamos do espectáculo de maxia grazas á ANPA. Encantounos!

AS LETRAS GALEGAS CELEBRAMOS E CO PROXECTO DOS VERMES CONTINUAMOS

Os vermes de seda van medrando e algúns xa fixeron o casulo e saíron as bolboretas. Encántanos observalos e ver as distintas fases. Continuamos coa realización do proxecto aprendendo moitas cousas sobre estes bichiños.

Fixemos un experimento con flores de papel. Primeiro pintámolas e logo dobrámolas cara a dentro para que quedaran pechadas.  Botámolas nunha cubeta coan auga e puidemos observar como se ían abrindo. Parecían nenúfares! Foi algo máxico! Outro experimento foi facer un debuxo con pinturas fosforescentes e podelas observar coa luz negra. Quedaron superchulas!!!

Neste mes de maio celebramos As Letras Galegas que este ano se lle adicou a Florencio Delgado Gurriarán. Fíxose no cole unha exposición con poesías do autor e nos memorizamos e ilustramos a poesía: “O sol, baril muiñeiro…” e desfrutamos moito cantando a poesía de “Aí ven o maio”. Ademais aprendemos datos de interese sobre a vida de Florencio Delgado.

Seguimos realizando traballos de arte coma unha bolboreta que recortamos e logo colocamos nunha cartolina negra. Con esponxa estampamos distintas cores de témpera e logo ao quitar a bolboreta quedou a silueta e arredor todo moi colorido. Coas pegadas dos nosos dedos,con témpera  e rotuladores negros conseguimos facer uns fermosos paxariños. Tamén fixemos flores recortando círculos de papel de cores e logo completámolas coa cor negra. Outra actividade consistiu en botar témperas de cores na metade dun folio, logo dobrámolo, aplastamos a pintura coa man e quedounos una fermosa simetría. Encantáronnos estas actividades de arte!!!

Tivemos un obradoiro de igualdade no que nos explicaron que tanto nenos coma nenas somos iguais e podemos facer as mesmas actividades e vestir como máis nos guste. Ademáis contáronnos o conto de “Iriña bailarina”. Trátase dunha fermoso conto que invita a unha necesaria reflexión sobre a igualdade e os estereotipos de xénero.

MATRÍCULA 1º ESO IES CORUXO

Estimadas familias:

O IES de Coruxo quere que vos comuniquemos os prazos de matrícula para o novo alumnado de 1º ESO. Podedes consultalos neste documento adxunto.

 

Os impresos de matrícula estarán dispoñibles na páxina web do IES Coruxo  e na conserxería dese centro.

 

Un saúdo

 

LETRAS GALEGAS 2022

A semana pasada gozamos das Letras Galegas na nosa escola. Podedes premar no seguinte adxunto para ver os nosos traballos.

 

ABRIL EN 3 ANOS

TRABALLANDO O NOSO PROXECTO DO HORTO, PRANTAMOS  PATACAS E COIDÁMOLAS TODOS OS DÍAS, REGÁNDOAS E MIMÁNDOAS MOITO. OBSERVAMOS O PROCESO E ESTAMOS ILUSINADOS PORQUE XA SAIU A PRANTIÑA. AGORA A VER QUE PASA.

 

REALIZAMOS UN EXPERIMENTO CON SERRÍN E SEMENTES.  METÉMOLO DENTRO DUNHA MEDIA E DEMOSLLE FORMA DE MONEQUIÑO. TAMÉN O REGAMOS TODOS OS DÍAS E QUE COUSA CURIOSA ESTAMOS A OBSERVAR: AO MONECO ESTALLE A MEDRAR O PELO.!!!

ADEMAIS FIXEMOS CON ELEMENTOS NATURAIS: LAND ART.

ADEMÁIS ESTE MES TIVEMOS VARIAS NOVIDADES:

- CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO E FIXÉMOSLLE UN AGASAIO ÓS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS DO COLE.

- ESTREAMOS OS PETOS PARA PODER DESFRUTAR NOS CHARCOS SEN MOLLARNOS.

- E XOGAMOS CON NOVOS MATERIAIS MANIPULATIVOS  E AS LETRAS DA MESA DE LUZ. COMO NOS GUSTOU POR O NOSO NOME TAN LUMINOSO!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut