Skip to Content

Emprego da máscara

 

 

Consideración previa: os centros educativos, no totalidade das súas instalacións se consideran espazo único, no sentido de que as normas que rixen son as propias do centro, polo que o que se determina no Protocolo COVID do centro, entendendo axustado a lei, debe ser de cumprimento por toda persoa que acceda a ditas instalacións.

O luns 21 de marzo entra en vigor a "Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos - 18/03/2022" O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade. (Clicar para acceder ao documento)

Organizativamente, o centro seguirá co criterio de que o alumnado deberá ter onde gardar debidamente a máscara para poder quitala no exterior. Estes acordos non están a abordar outros aspectos recollidos nos protocolos, o que xeran confusión, polo que nas agrupacións de alumnado de distintos grupos o centro recomenda o emprego da máscara.

En resumo, o alumnado non estará obrigado ao emprego da máscara en espazos abertos cando estea co seu grupo, situación que se dá nos seguintes casos:

- Recreo (unha vez está o grupo na zona asignada)

- Clases no exterior (clases que se programan e realizan no exterior do edificio, unha vez está o grupo na zona onde se vai impartir)

Nas seguintes situacións como son traslados dunhas dependencias a outras, entradas e saídas ao centro do alumnado transportado ou non transportado, o emprego da máscara segue a ser obrigatorio dada a coincidencia neses espazos de alumnado doutros grupos e persoas alleas.

O alumnado deberá traer un estoxo portamáscaras ou bolsa para  gardala co seu nome, ou en todo caso un sistema que permita ter colgada a máscara do pescozo.

De seguido, reproducimos o texto que fai referencia a nivel xeral do emprego da máscara no protocolo.

 

Apartado 17 do protocolo COVID: Emprego da máscara en espazos abertos:

Adaptación ao RD 115/2022, de 8 de febreiro

 

O profesorado e persoal non docente empregará máscara mentres permaneza no centro, en espazos cerrados e o seu emprego é recomendado nos espazos exteriores.

 

O alumnado e o profesorado, así como o restante persoal, teñen a obriga de usar máscaras durante toda a xornada lectiva en todos os espazos pechados do centro educativo, aínda que se cumpra coa distancia de seguridade. Será obriga do alumnado levar unha segunda máscara de recambio, así como un estoxo específico para gardala en caso necesario. O alumnado de menos de 6 anos poderá non empregala na aula sempre que so estea o alumnado dese grupo.

 

Nos espazos exteriores o emprego da máscara é recomendado cando o alumnado permaneza co seu grupo-clase pero non obrigatorio. Levarán un estoxo ou sistema (colgante, bolsa,...) para gardala. A manipulación farase polas gomas evitando tocar o resto coas mans. Facilitarase a desinfección das mans antes e despois da manipulación da máscara.

 

Nos espazos de tránsito dentro do centro, e onde se poida coincidir con outros grupos, o alumnado e persoal do centro deberá levar posta a máscara (poderá sacarse a máscara nos espazos exteriores onde se vai traballar ou desfrutar do recreo pero non nos desprazamentos ata a zona).

 

Nos accesos ao centro, o alumnado transportado irá dende o bus ao centro e do centro ao bus coa máscara posta para evitar manipulala neste percorrido tan curto. O alumnado non transportado deberá entrar no recinto coa máscara posta dado que coincidirán con alumnado doutros grupos-clase e con persoal alleo ao centro. Os adultos acompañantes deberán tamén empregar a máscara neste espazo. Esta norma aplicarase tanto na entrada como na saída.

 

A obrigación contida no apartado anterior non será esixible para as persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que poida verse agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitarse a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización. A imposibilidade do uso da máscara deberá ser acreditada polo pediatra ou facultativo do alumno/a ou da persoa obrigada

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
fin_de_recomendacion_de_mascaras_nos_patios_.pdf54.31 KB


page | by Dr. Radut