Skip to Content

Dotación de Máscaras hixiénicas reutilizables - Alumnado de Primaria

O pasado 13 de novembro a Consellería de Educación e O.U. publicou a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E)., pola cal se establece o procedemento de asignación de máscaras ao alumnado e o reparto das mesmas.

O reparto vai destinado ao alumnado de Educación Primaria que recibiu no seu momento a axuda para material escolar (cheque de 50E), sendo estos os que recibiron a axuda máxima. De xeito automático xa se establecen como beneficiarios do reparto de máscaras. Estas serán hixiénicas e reutilizables, que aguanten máis de 35 lavados, pois somentes se permite a entrega de 3 a 4 por alumno. Non terán, polo tanto, que realizar solicitude nen trámite ningún.

Sen embargo, o centro vese obrigado a xestionar a achega, selección e compra do material (ademais de xestionar o reparto e control do mesmo). Este aspecto implica que, dada a complexidade de atopar proveedores de máscaras que cumpran a normativa, sexa de tamaño axeitado e resistan o suficiente, non sexa cuestión dunhas poucas horas, pois a boa práctica nos obriga a pedir distintos presupostos coa fin de adquirir o producto a o prezo máis baixo a igualdade de calidade.

Aquelas familias que no seu momento non solicitaron a axuda de libros e material, poderían facelo segundo o que se regula no artigo 7 da orde:

Artigo 7. Presentación de solicitudes
1. Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.
2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.
3. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal


O anexo para participar está no final do documento coa orde que se anexa e que está enlazado máis arriba.

AdxuntoTamaño
anunciog0598-061120-0002_gl(1).pdf608.65 KB


page | by Dr. Radut