Skip to Content

Participación no Programa ARCO

ARCO: PROGRAMA DO FONDO SOCIAL EUROPEO- UNIÓN EUROPEA

 

Dende hoxe, o centro conta cunha nova PT a media xornada, concedida no marco do Programa ARCO para a posta en marcha de accións de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación, cofinanciado polo Fondo social Europeo. Esta profesional está especificamente destinada ao traballo co alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo a partir de 4º curso, co obxectivo de mellora das competencias clave e dos resultados académicos. Coa súa incorporación poderemos non só apoiar e reforzar ao alumnado dos citados cursos, senón tamén a todo a alumado con necesidades educativas do centro, ao permitir unha mellor redistribución das horas de apoio.

 



page | by Dr. Radut