Esquema de temas

  • Aula Virtual - CEIP Plurilingüe de Carnota

    CEIP Plurilingüe de Carnota

  • Para empezar...

    Benvidos e benvidas a unha nova andaina!
    Para todos nós isto da Aula Virtual  é unha experiencia nova e seguro que se lle poñemos ganas e lle adicamos un pouco de tempo (sobre todo ao principio) , resultará un recurso de aprendizaxe  moi interesante.
    Para comezar iremos poñendo cousas básicas para irnos afacendo ao formato dos cursos: apariencia, cómo escanear e converter as fotos dos traballos que se fan en papel, cómo enviar as tarefas...
    Ao principio pode resultar un pouco difícil ou lioso pero.... non teñades medo! É coma todo! Así que o fagades un par de veces, despois xa sae de marabilla e rapidísimo.
    Non vos preocupedes por "fedellar" ou por facer algunha cousa mal, estade tranquilos e tranquilas que non ides estropear nada. Facede uso do "foro de dúbidas" de cada módulo e expoñede aí as vosas preguntas para que ,entre todos e todas vos axudemos a resolvelas.
    Se queredes facer algunha suxerencia ou comentario de carácter xeral podédelo facer no apartado que aparece arriba de todo , que pon "buzón de suxerencias" ou facela chegar ao colexio por vía telefónica ou correo electrónico. Estaremos encantados/as de recibilas.
    Comezamos!     
  • Cómo se envían os traballos ?

    Seguro que isto é o que máis vos preocupa, a que si? E con razón! Como facemos para que a tarefa que temos na nosa libreta ou nun folio lle chegue ao noso mestre/a?

    (Tamén se poden enviar outras tarefas coma documentos de texto, vídeos, podcast  ..., pero de  momento ímonos centrar na que máis nos interesa polo de agora)

    O sistema é doado:

    1. Facer unha foto co móbil/tablet/ cámara do noso traballo que estea  ben encuadrada e se vexa ben
    2. Transformala a PDF ou JPEG redimensionada para que non "pese" moito xa que a plataforma ten unha capacidade determinada e non admite arquivos grandes
    3. Adxuntala e enviala como "tarefa" dentro da  AV

    A continuación ímosvos deixar información cómo facelo, aínda que xa sabedes que podedes preguntar na clase sempre que queirades ou consultar titoriais e vídeos.
     

    Videotitoriais de "andar por casa" partindo dende cero (instalación da app, escaneo e envío da tarefa)

  • Outros recursos TIC

    Neste módulo iremos poñendo algunhas utilizacións de recursos TICs que nos parecen interesantes e que nos poden facilitar a nosa labor diaria.

    Se coñecedes algunha utilidade, páxina, recurso .... que nos poida resultar interesante non dubidedes en poñervos en contacto co colexio para engadila á nosa "mochila de recursos dixitais"