Skip to Content

Proxecto "Volta ao mundo"

Actividade micoloxía

O pasado venres, alumnado e profesorado, participamos nunha actividade sobre MICOLOXÍA que nos propuxo o Concello de Cenlle o curso pasado pero que, pola choiva, non poidemos facer antes. Consistía nunha exposición de setas diferentes e nun xogo de pistas con actividades sobre o entorno natural do alumnado en cada unha delas.

A través da actividade o noso alumnado descubriu a perigosidade dalgunhas setas, a importancia de asegurarse moi ben antes de coller unha e participaron en diferentes propostas a través das pistas que ían atopando nun xogo do tesouro: adiviñar a árbores, recoñecer os seus froitos... 

Velaquí vos deixamos algunhas fotiños!

 

Nutrición e benestar

Hoxe tivemos a sorte de contar no cole con Tamara, unha asesora persoal de nutrición e benestar que nos veu a dar unha charla a profesorado, alumnado e familias sobre a importancia dunha alimentación saudable, variada e equilibrada e a darnos de paso algúns conselliños para coidar a nosa saúde a través da alimentación. 

Dende o cole agradecemos un montón a súa presenza no cole, así como agradecemos un montón á familia que o fixo posible.

 

Cousiñas divertidas

Neste curso 2018/2019 temos moitas cousiñas novas no cole e gustaríanos compartilas con vós!

Dende a Biblioteca mercáronse tablets, unha para cada aula. Con elas, o alumnado repasa ao final das clases a través de xogos lúdicos e educativos. Ademais, dende a Biblio adquiríronse tamén algúns xogos educativos cos que o alumnado xoga en grupo durante algún dos recreos. 

Tampouco nos esquecemos da actividade física, e para iso temos un bonito mural que nos axuda a saber cal é o noso reto semanal!

Aquí vos deixamos unhas fotiños.

Charla sobre a ALIMENTACIÓN

Hoxe no cole participamos nunha actividade especialmente relacionada coa alimentación e os hábitos de vida saudables ofertada pola Sociedade Galega de Consumo, dentro do programa Cores. 

Así, o alumnado máis pequeno do cole recordou a clasificación dos alimentos na pirámide da alimentación que xa tiñamos traballado na clase en días pasados. Pola súa parte, os/as máis maiores traballaron sobre a etiquetaxe dos alimentos

Aquí vos deixamos algunhas fotiñas. 

Mochilas viaxeiras!

Hoxe puxéronse en marcha as nosas MOCHILAS VIAXEIRAS!

Unha delas é xa coñecida polo alumnado, trátase daquela que leva libros e outros materiais da biblioteca no seu interior. Pero este curso, ademais, ten algo novo, seredes quen de descubrilo?

A outra é nova, chámase "Pon as pilas" e enmárcase dentro do proxecto do centro e da biblio deste curso sobre os Hábitos de vida saudable. No seu interior leva diferentes xogos co fin de que o alumnado se mova e se manteña activo tamén as fins de semana en compañía das súas familias.  

Agardamos que as coidedes e que disfrutedes moito con elas!

Distribuir contido


by Dr. Radut