Skip to Content

O Entroido!

Ao longo desta semana celebramos no cole o Entroido!

Durante os primeiros días cumprimos os mandados do Meco (vindo en pixama, en chandal, con un bo peiteado), corremos as comadres e disfrazámonos libremente. 

O venres, pola súa parte, disfrazados de deportistas, cociñeiras e cociñeiros saímos polas rúas do pobo de desfile acompañadas das familias do noso alumnado! Ademais, tivemos un menú típico de Entroido e máis un rastrexo con pistas e probas de Entroido!



blog | by Dr. Radut