Skip to Content

Actividade micoloxía

O pasado venres, alumnado e profesorado, participamos nunha actividade sobre MICOLOXÍA que nos propuxo o Concello de Cenlle o curso pasado pero que, pola choiva, non poidemos facer antes. Consistía nunha exposición de setas diferentes e nun xogo de pistas con actividades sobre o entorno natural do alumnado en cada unha delas.

A través da actividade o noso alumnado descubriu a perigosidade dalgunhas setas, a importancia de asegurarse moi ben antes de coller unha e participaron en diferentes propostas a través das pistas que ían atopando nun xogo do tesouro: adiviñar a árbores, recoñecer os seus froitos... 

Velaquí vos deixamos algunhas fotiños!

 

Visitas que alegran o día!

Hoxe recibimos no cole esta marabillosa e musical visita! Podedes ver un anaquiño de vídeo no facebook do cole, clicando no seguinte enlace https://www.facebook.com/ceipcarmen.garciacarrasco.7 

Visitas así alegran o dia! Mil grazas de corazón!

Nutrición e benestar

Hoxe tivemos a sorte de contar no cole con Tamara, unha asesora persoal de nutrición e benestar que nos veu a dar unha charla a profesorado, alumnado e familias sobre a importancia dunha alimentación saudable, variada e equilibrada e a darnos de paso algúns conselliños para coidar a nosa saúde a través da alimentación. 

Dende o cole agradecemos un montón a súa presenza no cole, así como agradecemos un montón á familia que o fixo posible.

 

Proxecto: A alimentación

Durante os meses de novembro e decembro o alumnado de Educación infantil, xunto co alumnado de primaria, estivemos traballando diversos aspectos relacionados coa alimentación. 

Velaquí vos deixamos algunhas das actividades que realizamos: recomendación de menús, semáforos dos alimentos, xogos diversos sobre a pirámide alimenticia, murais dos hábitos saudables... entre outras. 

 

Cousiñas divertidas

Neste curso 2018/2019 temos moitas cousiñas novas no cole e gustaríanos compartilas con vós!

Dende a Biblioteca mercáronse tablets, unha para cada aula. Con elas, o alumnado repasa ao final das clases a través de xogos lúdicos e educativos. Ademais, dende a Biblio adquiríronse tamén algúns xogos educativos cos que o alumnado xoga en grupo durante algún dos recreos. 

Tampouco nos esquecemos da actividade física, e para iso temos un bonito mural que nos axuda a saber cal é o noso reto semanal!

Aquí vos deixamos unhas fotiños.

Hoxe no cole...

Hoxe, o alumnado máis maior do cole, reuníuse na Sala de Mestras do centro para realizar unha moi proveitosa sesión do CLUBE DE LECTURA, na que o alumando contou ao resto os libros que cada un lera e recomendouno ou non ao resto. A verdade é que todos e todas recomendaron os libros que leron, qué marabilla! 

Ademais, na última sesión, recibiron a visita dun membro do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia que, dentro do programa "Navega con rumbo" lles deu unha pequeniña charla sobre navegar de forma segura na rede. 

A próxima reunión do Clube de lectura será o xoves 20 de decembro!

Charla sobre a ALIMENTACIÓN

Hoxe no cole participamos nunha actividade especialmente relacionada coa alimentación e os hábitos de vida saudables ofertada pola Sociedade Galega de Consumo, dentro do programa Cores. 

Así, o alumnado máis pequeno do cole recordou a clasificación dos alimentos na pirámide da alimentación que xa tiñamos traballado na clase en días pasados. Pola súa parte, os/as máis maiores traballaron sobre a etiquetaxe dos alimentos

Aquí vos deixamos algunhas fotiñas. 

Samaín!

Hoxe celebramos no cole a festa do Samaín, que tanto lle gusta aos nosos nenos e nenas. E a verdade é que o día non estivo nada, pero que nada mal. 

Comezamos preparándonos: vestindo os disfrazes e maquillándonos,coa axuda das nosas mestras, para dar así de medo!

Despois, por equipos de grandes e pequenos, fixemos unha ximcana de xogos nas que había dende baile de Samaín, ata Obradoiros de cociña (con receitas saudables), pasando por xogos nos patios (soplar os ollos, torres pantasmais, atrapar a escoba da bruxa...) e un bingo coas personaxes máis características desta festa, coas que practicamos diferentes idiomas.

Asistimos tamén a unhas marabillosas actuacións que o noso alumnado maior do cole preparou con toda a súa ilusión durante os recreos das últimas semanas!

E como non podía ser doutro xeito, rematamos a xornada recontando os votos do concurso de cabazas, comendo un terrorífico xantar e divertíndonos nunha animada aula de medo!

Ata o ano que vén, Samaín!

Semana das Bibliotecas

Con motivo da conmemoración do DÍA DAS BIBLIOTECAS (o 24 de outubro) temos unha semana cargadiña de actividades relacionadas coa biblioteca escolar!

Así, comezamos o luns coa formación de usuarios e o martes con nada máis e nada menos que cun Contacontos cheo de maxia! Aquí vos deixamos algunhas fotiños.

Ademais, para festexar esta semana o noso alumnado elaborou un bonito cartel no que reflexionaron sobre a lectura (escribindo adxectivos, libros...) por cada unha das letras. Iso sin, sen esquecernos dos hábitos de vida saudable, de aí a sopa de letras!

Ademais, o alumnado maior do cole tivo tamén a súa primeira reunión de formación do Clube de lectura no que seleccionaron os libros que cada un vai a ler para a seguinte reunión do clube de lectura: o xoves 22 de novembro. 

 

 

Mochilas viaxeiras!

Hoxe puxéronse en marcha as nosas MOCHILAS VIAXEIRAS!

Unha delas é xa coñecida polo alumnado, trátase daquela que leva libros e outros materiais da biblioteca no seu interior. Pero este curso, ademais, ten algo novo, seredes quen de descubrilo?

A outra é nova, chámase "Pon as pilas" e enmárcase dentro do proxecto do centro e da biblio deste curso sobre os Hábitos de vida saudable. No seu interior leva diferentes xogos co fin de que o alumnado se mova e se manteña activo tamén as fins de semana en compañía das súas familias.  

Agardamos que as coidedes e que disfrutedes moito con elas!

Distribuir contido


by Dr. Radut