Skip to Content

Solicitude fondo libros, adqusición libros de texto e material escolar

Estimadas familias,

hoxe comeza o prazo para a solicitude de fondo de libros de texto (4º, 5º e 6º de primaria), axudas de libros (1º e 2º primaria) e axudas material escolar (todos os cursos de primaria). Podedes consultar máis información na orde que o regula e na aplicación de fondolibros

O PRAZO REMATA O 19 DE XUÑO

 

Como en anos anteriores, podedes tramitar a solicitude de dúas formas posibles:

1. De forma telemática, a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, procedemento ED330B.

2. De forma presencial no centro educativo. Para isto teredes que traer a seguinte documentación:

      - Anexo I (solicitude) e Anexo II (comprobación membros computables da unidade familiar) correctamente cubertos e asinados. Podedes descargalos aquí ou ben solicitalos e recollelos impresos no colexio.

     - Libro de familia, no centro faremos a copia para facilitarvos o traballo.

     - Outra documentación no caso de discapacidade, violencia de xénero... que podedes consultar aquí ou descargar no arquivo adxunto.

Para o cálculo da renda per cápita (co fin de facervos unha idea da axuda) podedes informarvos clicando aquí ou no arquivo adxunto.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE: para a recollida dos anexos impresos así como para a entrega das solicitudes presenciais o centro estará aberto martes e xoves en horario de mañá. Non obstante, se alguén non puidera podemos adaptar algún día. En calquera caso agradecemos nos comuniquedes que vindes con anterioridade ao meu teléfono persoal, ao do colexio ou ao correo do centro, indicándonos o día e a hora aproximada, co fin de evitar aglomeracións dentro do centro educativo. 

O alumnado de 6º de primaria que pase para 1º da ESO deberá entregar o impreso no IES. Non obstante, dende o cole se queredes facilitámosvos o impreso.

 

 

Adaptación programacións

Estimadas familias,

clicando nos seguintes cursos ou especialidades podedes consultar as adaptacións das nosas programacións no relativo á metodoloxía e avaliación para este terceiro trimestre do curso 2019/2020. 

Non obstante, se queredes o documento completo ou tendes algunha dúbida ou cuestión non teñades reparo en poñervos en contacto con nós a través do correo, teléfono do centro ou persoais. 

Cursos

- Educación Infantil

- 1º primaria

- 2º primaria

- 4º primaria

- 5º primaria

- 6º primaria

Especialidades

- Educación artística: música e plástica

- Educación física

- Inglés

- Relixión católica

- Valores

Restablecemento do prazo de presentación de solicitudes de ADMISIÓN 2020- 2021

De acordo coa Resolución da Consellería de Educación do 7 de maio de 2020 (que podes consultar aquí) reábrese o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o curso 2020-202.

O alumnado que xa está escolarizado no centro non precisa facer a solicitude, xa que a súa matriculación é automática. Máis información clicando aquí.  

Prazo de SOLICITUDES

Do 11 ao 18 de maio

Entrega de documentación (no caso de ter que baremar)

Ata o 26 de maio de 2020

Publicación das LISTAS PROVISIONAIS no interior do centro educativo

8 de xuño de 2020

 

Prazo de reclamación

9, 10 e 11 de xuño de 2020

 

Publicación das LISTAS DEFINITIVAS no interior do centro educativo

26 de xuño de 2020

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA (tanto para infantil, primaria como ESO)

1 ao 10 de xullo de 2020

Calquera dúbida, poden poñerse en contacto con nós no teléfono 988404056. 

Todos bajo el mismo SOL

¡Hola a todos y todas!

 

Queremos ofreceros esta semana un vídeo que hicimos en el cole este año para el Día De La Paz, nos hace mucha ilusión que podáis verlo

 

Animaros y enviarnos fotos y vídeos vuestros ahora, con vuestras familias, en vuestras casas, para poder hacer un vídeo de todos juntos.

 

 

Y recordar: 

"Por muy larga que sea la tormenta el sol

siempre vuelve a brillar entre las nubes"

 

Haz clic en la imagen para ver el vídeo

 

Biblioteca móbil

En colaboración co Concello de Cenlle, dende o colexio puxemos en marcha unha biblioteca móbil para a chegar a lectura aos máis pequenos e pequenas nestes momentos.

Para evitar a manipulación dos libros, deixámosvos aquí a lista dos libros que se incluíron nas caixas co fin de que, se alguén o solicita, xa saiba os libros que hai e cales quere. Podedes descargala tamén no ficheiro adxunto.
Calquera cousiña non dubidedes en poñervos en contacto con nós ou co Concello.

Información relativa á segunda avaliación

Estimadas familias, 

tendes aquí INFORMACIÓN RELATIVA Á SEGUNDA AVALIACIÓN. É importante, así que olládea en canto poidades!

Agardo que esteades ben. Coidádevos moito!

Axudas comedor escolar COVID 19, Consellería

Aquí vos deixo a publicación do DOG sobre as axudas de comedores escolares para a compensación económica de custo diario do menú por comensal polos días lectivos de suspensión do mesmo como consecuencia das medidas adoptada polo COVID-19.

INFORMACIÓN sobre o procedemento

Entroido!!

Esta semana estivemos de Entroido no cole!

Ao longo da semana seguimos os mandados do Meco, que nos foi mandando cada día unha cousiña relacionada cos proxectos que estamos a levar a cabo dende o centro educativo. 

O xoves foi o turno dos disfraces libres e de correr as comadres e o venres tivemos unha marabillosa degustación de doces de Entroido que os nenos e nenas elaboraron en colaboración coas súas familias e o noso desfile de Entroido no que non faltaron coches, camións, estradas, sinais de tráfico, policías e ata semáforos! Foi unha xornada do máis entretida!

Dende o cole queremos aproveitar para agradecer ás familias a súa colaboración ao longo desta semana! Moitísimas grazas!

Manzaneda!

Dende o luns3 ao mércores 5 os nosos nenos e nenas maiores foron a Manzaneda coa actividade ESQUIOU da Deputación de Ourense. Pena que non houbera neve, pero polo que parece os nosos nenos e nenas pasárono igual de marabilla!

En breve poderedes ollar na galería máis fotiños, mais de momento... aquí vai un pequeno adianto!

Saídas pola contorna

Estes últimos días os nenos e nenas do cole saímos bastante pola contorna. Así, comezamos a facer as nosas Andainas aproveitando os camiños que hai polo monte que temos pretiño do cole e  aproveitamos o bo tempo desta semana para saír un ratiño ao parque do Concello. 

Velaquí tendes algunhas fotiños!

Distribuir contido


by Dr. Radut