Skip to Content

blogue deadmin

Volta ao cole!

Estimadas familias e alumnado,

gustaríanos recordarvos que este xoves 9 de setembro volveremos ás aulas no mesmo horario que temos en setembro, de 09:45 a 15:15 horas. Polo que xa dende o xoves estarán operativos o servizo de transporte e comedor escolar.

Vémonos o xoves!

Menú para o mes de maio

Xa podedes consultar aquí o menú para o mes de maio

Publicación listaxes provisionais admitidos curso 2021/2022

Estimadas familias,

xa tendes dispoñibles no taboleiro do interior do centro educativo as listaxes de alumnado admitido para o vindeiro curso 2021/2022. 

Podedes chamarnos ou pasar polo centro para consultalas. Non obstante, anticipámosvos que todas as solicitudes presentadas están admitidas. 

Menú para o mes de abril

Xa podedes descargar aquí o menú para o vindeiro mes de abril.

 

Menú mes de marzo

Aquí vos deixamos o menú correspondente ao mes de marzo. 

 

Menú do mes de febreiro

Clicando aquí podedes consultar o menú para o mes de febreiro. 

Tamén podedes descargalo no enlace inferior. 

Menú do mes de xaneiro

Velaquí podedes ollar o menú do mes de xaneiro. Podedes descargalo tamén nos arquivos adxuntos. 

Menú meses de outono e inverno

Xa tendes dispoñible o menú para os meses de outono e inverno. Podedes visualizalo premendo aquí ou ben descargalos no arquivo adxunto.

Así o menú será o mesmo para os meses comprendidos entre outubro e marzo, ambos inclusive.

 

Menús curso 2020/2021

Xa tendes dispoñibles os menús para este curso 2020/2021 no apartado de comedor escolar.

Durante este curso teremos un menú para o mes de setembro, outro para os meses de outono - inverno (dende outubro ata marzo) e outro para os meses de primavera - verano (dende abril a xuño).

Podedes consultalos clicando onde corresponda ou ben descargándoos como arquivos adxuntos. 

Reunión familias

Estimadas familias,

gustaríanos comunicarvos que o vindeiro MÉRCORES 09 DE SETEMBRO ás 12:00H teremos unha reunión informativa sobre a adaptación COVID do noso cole na pista polideportiva, na parte traseira do colexio. Nela daranse informacións, normas... relativas á nova situación. Sentaranse nas gradas, nos espazos que estarán indicados. 

Co fin de evitar aglomeracións e garantir a distancia de seguridade só poderá acudir unha única persoa por familia. É importante que veñan sós, sen os nenos e nenas. Eles/as recibirán as explicacións oportunas cando veñan ao cole os días 10 (4º e 5º de infantil, 1º,2º e 3º de primaria) e 11 (6º infantil e 4º,5º e 6º de primaria). 

Aproveitamos para comentarvos que podedes ir botando unha ollada ao Plan de adaptación á situación COVID para o curso 2020/2021 no apartado de "Secretaría", aínda que os documentos iranse modiciando en función das novas instruccións e protocolos publicados. 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut