Skip to Content

Blogues

Samaín 2019

Onte mércores celebramos no cole o Samaín-Halloween! E para iso caracterizámonos, participamos nunha actividade audiovisual que nos preparou a profe Raquel, fixemos un obradoiro de manualidades coa profe Maite, entregamos os agasallos por participar e tamén ás gañadoras do Concurso de cabazas (que como sempre é o noso alumnado o que vota) e fomos polas casas do pobo a pedir... TRUCO OU TRATO acompañados dalgunhas familias. 

Así dá gusto festexar o Samaín! Ata o ano que vén, Samaín!

MAIS FOTOS

 

A nosa nova biblio

Este xoves 24 de outubro de 2019 inauguramos a nosa nova biblioteca do cole!

Nela contamos con diversos espazos dedicados á diversidade, lectura, traballo, xogo, novas tecnoloxías... con todos os recursos que cada unha delas implica: tablets, ordenadores, libros de consulta, novelas e outros libros actuais, contos, xogos, material manipulativo. 

Día das Bibliotecas: inauguración!

Hoxe celebramos no cole o Día das Bibliotecas Escolares dunha forma moi especial, coa inauguración da nosa nova biblioteca!!!! 

Temos o gusto e a ilusión de presentarvos a nosa nova biblioteca, na que hai espazos para lectura, traballo en grupo, xogo, novas tecnoloxías, busca de información, creatividade, diversidade... Así dá gusto ir a ler!

Ademais, tivemos a sorte de poder desfrutar coa visita do profe Pablo, que hai dous cursos estivo no cole con nós. Agradecemos un montón a súa visita e a de Raimunda, o seu novo libro que hoxe compartiu con nós. Agardámoste prontiño de novo, profe Pablo!

Velaquí vos deixamos algunhas fotiños,e se queredes ver máis fotos FAI CLIC AQUI

Mochilas viaxeiras!

A pasada semana puxemos en marcha as nosas bolsas e mochilas viaxeiras cargadiñas de libros que chegarán ata as casas de todo o noso alumnado. 

Agardamos que desfrutedes moito da lectura dos tesouros que levan gardados! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut