Xogade

CAMPIONATO DE CAMPO A TRAVÉS 2019/2020

Etiquetas :

 

CAMPIONATO DE CAMPO A TRAVÉS CURSO 19-20

 

O 4 de decembro de 2020, celebrouse no campo de fútbol da Moreira en Xinzo de Limia a Previa comarcal de Campo a través, para seleccionar os mellores corredores de cada colexio para poder partcipar no Campionato Comarcal

 

Dito Campionato Comarcal de Campo a través, celebrouse o 23 de xaneiro de 2020, no mesmo lugar do Campo de Fútbol da Moreira, onde se clasificaron os representantes comarcais da Limia, para representar esta comarca no Campionato Provincial

 

O Campionato Provincial de Campo a Través celebrouse o 1 de febreiro de 2020, en Monterrei (Pereiro de Aguiar, Ourense). Deste campionato saen os clasificados para o Campionato Galego.

 

 

 

 

 

 

 

CAMPIONATO ATLETISMO CURSO 2018-2019

Etiquetas :

Neste curso 2018-2019 tamén se celebrou o Campionato de Atletismo.Coma sempre con fases comarcal e provinciais.

Nas disciplinas de Salto de lonxitude,velocidade e lanzamento de pelota e peso.

O 21 de marzo,celebrouse na Moreira( Xinzo) o Campionato Comarcal de Atletismo,á que acudimos os Centros da comarca que quixeron participar.

Elexidos o campións comarcais,hai catro xornadas en Monterrei ( Ourense) que foron o 30 de marzo,6 de abril,27 de abril e 4 de maio,nas que se pode facer marca para participar no Campionato Provincial de Atletismo que se celebrou o 25 de maio de 2019 no mesmo lugar.

CAMPIONATO FÚTBOL-SALA CURSO 2018-2019

Etiquetas :

Neste curso fixemos dúas xornadas de Fútbol-Sala no Pavillón de Deportes de Xinzo.Unha adicada aos benxamíns e outra,aos alevíns.

A primeira foi o 26 de abril e a segunda foi o 2 de maio de 2019.

Este curso non houbo Campionato Provincial debido a que coincidíu con outras competicións externas a nós,e non foi posible solucionalo,e suspendeuse dende a Secretaría Provincial de Deportes.

CAMPIONATO DE NATACIÓN 2018-2019

Etiquetas :

O 27 de febreiro de 2019,desprazámonos á piscina climatizada de Xinzo para facer a selección dos alumnos do colexio que participaron no Campionato Comarcal.

O 13 de febreiro,celebramos o Campionato Comarcal de Xinzo de Limia.

O 30 de marzo,celebrouse en Ourense,nas piscinas AQA do Campus Universitario de Ourense, o Campionato Provincial de Natación.

 

 

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

Etiquetas :

O 9 de febreiro do 2019, celebrouse o Campionato Provincial de Campo a Través, no complexo deportivo de Monterrei (Ourense).

 

CAMPIONATO DE CAMPO A TRAVÉS 2018 (1ª proba)

Etiquetas :

O xoves, 15 de novembro de 2018, celebramos a primeira proba do Campionato de Campo a Través, no campo de fútbol da Moreira (Xinzo) para todas as categorías, benxamín, alevín e infantil, tanto masculino, coma feminino.

 

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE FÚTBOL SALA 2018

Etiquetas :

Tras a celebración da fase local  no pavillón de deportes de Xinzo entre os colexios da Limia, accedemos á final provincial do Campionato de Fútbol-sala, como Agrupación Deportiva A Limia, que se celebrou en Ourense, no pavillón dos Remedios, o 26 de maio de 2018, quedando CAMPIÓNS provinciais nas dúas categorías nas que competíamos, Benxamín e Alevín.

 

 

CAMPIONATO DE ATLETISMO 2018

Etiquetas :

Este ano debido ás inclemencias metereolóxicas non se pudo realizar a fase comarcal de atletismo no campo da Moreira, pero si que estamos participando no Provincial con alumnos que obtiveron marca no curso pasado.

Aínda así tivemos un par de medallas de bronce no provinvial de Atletismo en Ourense, dun alumno, como se pode ver na seguinte foto:

CAMPIONATO DE NATACIÓN 2018

Etiquetas :

o martes 6 de marzo celebrouse o campionato comarcal de natación en Xinzo de Limia,proba clasificatoria para o campionato provincial que tivo lugar no Barco de Valdeorras o día 20 de abril.

CAMPIONATO DE CAMPO A TRAVÉS 2018

Etiquetas :

Un ano máis, o CEIP Carlos Casares participou no Campionato de Campo a Través do programa Xogade, dentro da campaña de Deporte Escolar.

O 21 de novembro de 2017 celebrouse no Campo da Moreira a primeira fase clasificatoria.

O 24 de xaneiro de 2018 celebrouse o Campionato Comarcal de Campo a través, tamén na Moreira, clasificatorio para o Provincial.

E o 3 de febreiro de 2018, celebrouse en Monterrei (Ourense) o Campionato Provincial de Campo a través.

Participamos nas diferentes categorías, benxamín, alevín e infantil, tanto masculino como feminina.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design