Amosando publicacións coa etiqueta Magosto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Magosto. Amosar todas as publicacións

8.11.19

Magosto 2019

Paracaídas
Cucaña


Muíño
Relevos



Bolos
Comendo castañas


Cantando
Ver máis fotos  - Ver plano dos xogos

Xúntanse aquí algunhas das primeiras fotos do Magosto 2019. Temos que dicir que tivemos moita sorte co tempo  despois de toda a semana con choiva, escampou xusto un pouco antes de comezar os xogos e estivemos a punto de suspendelos porque aínda houbo  ameaza con algún orballo. Finalmente saíron as raiolas de sol que fixeron que o día fora case espectacular para disfrutar do magosto.

1.11.19

O COLAR DE ZONCHOS

Unha tradición de veneración dos mortos moi extendida na Galiza era o de ir ao camposanto, no día 1 de novembro, cun colar de zonchos no pescozo para honrar aos finados. É sen dúbida unha tradición relacionada co magosto, ritual funerario que aínda hoxe se conserva coa venda de castañas nas portas dos camposantos. Parece un rito milenario de moitas culturas o de celebrar un banquete funerario nos camposantos, como un ritual da morte. O castiñeiro tamén se consideraba unha árbore funeraria que conectaba co máis alá

"Has de cantar, / que che hei de dar zonchos; / has de cantar, / que che hei de dar moitos… dille Rosalía á meniña gaiteira no comezo de Cantares Gallegos".  

17.11.18

10.11.18

O magosto

O magosto é unha festa de orixe pagán, que logo foi cristianizada, e, como tódalas festas de carácter agrario, pode situarse na Prehistoria, cando o ser humano vai adquirindo consciencia individual e social. É unha festividade relacionada co culto á fecundidade; de aí a súa relación directa co lume, representando ó so, deus fecundador da terra.
Trátase tamén dunha comida comunitaria e ritual, que reforza os vencellos comunitarios fo mundo rural galego; ten carácter alegre e de acción de grazas polos froitos recolleitos, así coma de homenaxe ós castiñeiros e as castañas. 
Con posterioridade foi asociada ós santos e defuntos, por iso se festexa o 1 de novembro, por ser unha comida que simboliza a morte do ciclo solar anual. Máis tarde, nas terras de Ourense pasou a celebrarse o 11 de novembro, festividade de San Martiño de Tours, padroeiro da cidade das Burgas.

O magosto, hoxe en día, faise na eira da casa, nas adegas, nas lareiras das cociñas, pero segue a tradición de facerse no monte ou nun escampado no que o lume non poida facer mal. Nas aldeas prepárase con certa antelación, poñéndose de acordo para coñecer o que aportará cadaquén, sobre todo castañas e viño, e tamén chourizos e augardente. Despois de cantar, comézase a face-los preparativos. Iníciase a andaina camiño do monte, atopándose outras familias ou amigos, búscase o lugar apropiado (escampado, encrucillado, longa laxa de pedra), todos cantando e Facendo Leiras. Búscase frouma, palla e tamén acios de amorodos que estean a madurar.
Acéndese o lume. Pícanse as castañas para que non rebenten. Espérase a que desapareza o lume e fiquen as brasas para esparexe-las castañas, e despois hai que controla-lo seu punto.
Xunto coa festa do Maio e outras celebracións na actualidade forman parte en moitos centros do currículum escolar, que se xunta coas Cantigas e os Xogos Populares

O Magosto, unha festa relacionada co Samaín


 Ler máis "O calendario e a tradición galeica" (II Parte)

Ler a I Parte

5.11.17

Xogos do Magosto 2017


 O venres 10 de novembro, se o tempo axuda, celebraremos o Magosto. Aqui temos o plano cos xogos previstos para facer.  Cada titor acompaña ó seu grupo cando se producen os cambios de estación.

1A - Comeza en Chapas  , 1ºB - Paracaídas
1ºC -  Os tres pés ,  2ºA - Muíño, 2ºB- Petanca, 2ºC - Pano ......
..........
Na segunda imaxe temos os xogos cos monitores (alumnado de sexto). En cada estación haberá seis monitores e todos teñen que practicar a lingua galega no seu xogo.

Ver fotos

15.11.15