Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Amigo Invisible 2019
Unha cortiza, un brick de leite, unha mazaroca, miles de cousas que andan por casa e poden transformarse con algo de maña e imaxinación nun fermoso agasallo para un compañeiro ou compañeira. E por que non tirar da experiencia dos avós, avoas, bisavós ou bisavoas que de seguro que o que lles sobran son ideas. Tendes dende o 9 ao 16 de decembro para entregar os agasallos. Moitas grazas pola vosa colaboración!