Recursos varios

NADAL VIOLETA

Estimadas familias e alumnxs.

Dende Donas de si animamos a que a volta das festas compartades a vosa lectura violeta para estes días festivos.

Tamén aproveitamos para compartir algunha recomendación no ficheiro aquí adxunto.

Boas festas!

FIRMA POR ELAS!

Boas familias!

Dende o cole xa está en marcha Donas de si, un proxecto que considera necesario o recoñecemento  das mulleres en moitos dos eidos que foron ignoradas ao longo dos tempos. 

Por iso dende o ámbito artístico unímonos a iniciativa de Miriam Varela, a historiadora de arte que puxo en marcha unha campaña que trata de incluír artistas femininas na formación de Arte en Bacharelato logo de comprobar que non existe ningunha muller no currículo  desas materias. 

Deste xeito o noso alumnado pide a vosa colaboración asinando no seguinte enlace:

https://www.change.org/p/ministerio-de-educación-cultura-y-deportes-por-la-inclusión-de-mujeres-artistas-en-el-curr%C3%ADculo-educativo?recruiter=21940511&recruited_by_id=19c940b0-9579-0130-f86b-00221964dac8

Moitas grazas!

CSIC: aprende ciencia en casa

"El Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) es una Agencia Estatal para la investigación científica y el desarrollo tecnológico, con personalidad jurídica diferenciada, patrimonio y tesorería propios, autonomía funcional y de gestión, plena capacidad jurídica de obrar y de duración indefinida.

Cuenta con un amplio abanico de recursos online para acercarse a la ciencia y disfrutarla a solas o en familia y a cualquier edad. Exposiciones y museos virtuales, dibujos animados y otros vídeos, blogs, experimentos, juegos, apps o libros descargables sobre todas las áreas del conocimiento son algunas de estas propuestas."

 

Acceso ao recursos online

Información sobre CSIC

Plataforma GaliciaLe

(clicar na imaxe)

 

"A Xunta de Galicia vén de facilitar as condicións de acceso a GaliciaLe, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Ata agora só estaba accesible para os usuarios destas bibliotecas, polo que era preciso ter carné, e desde este momento ábrese toda a poboación. Esta nova medida enmárcase na campaña #aculturasegue que a Consellería de Cultura e Turismo ten en marcha a raíz da crise sanitaria co obxectivo de ofrecer unha programación de lecer e cultural a través de internet que chegue a todos os fogares da Comunidade.

Deste xeito, as bibliotecas xestionadas polo Goberno autonómico continuarán a desempeñar un papel fundamental na provisión de servizos culturais durante o estado de alarma por mor do coronavirus. Así, entre outros servizos, os galegos poden descargar e visionar nos seus ordenadores, tablets ou móbiles obras en formato dixital de temáticas diversas que cobren un amplo espectro de interese e de idades.

En concreto, GaliciaLe conta con máis de 4.500 títulos, dos que a maioría están en galego e en castelán, pero tamén os hai en inglés, portugués, francés, italiano, catalán e éuscaro, libros infantís, xuvenís e para adultos. Ademais suma 31 revistas e 300 audiovisuais feitos en Galicia que comprenden longametraxes, curtas ou documentais."

 

Máis información.

 

Tarefas para a estadía no fogar

 Aquí estamos de novo con quince días máis para pensar e traballar. 

Sodes máquinas de argallar. Asique , na escola aprendisteis a facer barcos, avions... coches de cartón.... con tanto tempo seguro que sodes capaces de moito máis. 

A volta quixera organizar unha exposicion de medios de locomoción

Sabedes que éstes evolucionaron ó longo da historia, comezaron utilizando animais, logo inventouse a roda, despóis os distinros motores e agora.... tócavos a vos. Podedes reproducir uns destes medios de locomocion con material de refugallo, facelo de modo que o poidades usar como o que fixo Aixa no entroido ou inventar o transporte do futuro. Non saiades da casa, abonda un pedaciño de papel , unha caixa de carton, un pau dunha escoba e miles de obxectos que temos no fogar. Animo rapaces imos argallar.

Mandade as fotos ó correo da escola,no asunto poñede FOTO MOBILIDADE e así saberemos que se trata dun correo con prioridade.

Do mesmo xeito agardo a foto das vosas sinais.  Saúdos. 

Estádelo facendo xenial, temos moita sorte de ter uns futuros adultos respetuosos co medio ambiente, coa sociedade e coa saúde . Unha aperta virtual que mui pronto será na escola. 

CRTVG: programación educativa

De luns a venres, a CRTVG, en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, emitirá na súa segunda canle, G2, un bloque de programación educativa (entre as 11:00h e as 13:00h):

  • "Xeoclip".
  • "Aquelando tamén quedamos na casa".
  • "Era unha vez..."
  • "Criaturas".

 

 Ver noticia

Programa: "Aprendemos en casa"

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP), en colaboración coa Radio Televisión Española (RTVE), puxo en marcha esta mañá o programa educativo "Aprendemos en casa" (Clan TV / La 2 de TVE), un programa dirixido aos nenos e nenas de entre 6 e 16 anos que imparte contidos de matemáticas, ciencias sociais, educación artística e/ou educación física, lingua castelá e idiomas e ciencias naturais.

A continuación podedes consultar na seguinte táboa a súa programación:

Deseño de sinais.

Dada esta situación, insólita e de risco, o Goberno tomou numerosas medidas que afectan á mobilidade, tanto de transportes como de personas.

  • Como xa vos falara na escola, podedes recortar ou facer fotografías e gardar enlaces que falen sobre esta situación. Á volta falaremos de todo o que recollades.

Sodes as e os mellores do mundo, os adultos do futuro, uns e unhas expertos e unhas expertas en mobilidade segura.

 

QUEDADE NA CASA. 

 

  • Anímovos a deseñar e colgar unha sinal nas vosas fiestras que reflexe as normas a cumplir estes días.

 

Gracias. Ánimo. Boa Primavera a todos e a todas. Todo irá ben!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer