As portas das aulas no curso 2019/20

Benvidos ao blog no curso 2019-2020. Comenzamos con moita ilusion e imos a traballar xuntos cousas importantes e vivir momentos únicos cos novos proxectos. Centrarémonos:

En 5 anos no noso corpo, alimentacion e as tendas

En 4 anos nos castelos e aqueles outros que vaian xurdindo ao longo do curso

En 3 anos a alimentacion. 

Xa temos decoradas as nosas portas!  

Álbum: curso 2019/2020 -> portas

OS NOSOS TRABALLOS

 

REMATOU A NOSA VOLTA AO MUNDO

Chegamos de novo ao Pereiro, foi unha viaxe longa que durou todo o curso escolar 2018-2019, na que da man de Willy Fog aprendemos, descubrimos, coñecemos ... e vivimos un monton de experencias sobre a nosa  Volta ao Mundo, e toca levar para casa o noso traballo, o pasaporte, o carnet e os "souvenirs" de cada un dos paises polos que pasamos.

Moitas GRAZAS a todos:

- os nenos/as de 4 e 5 anos por viaxar con nós e facer un proxecto maravilloso,

- as familias pola vosa colaboración en todo momento

-aos nosos amigos convidados que se achegaron dende os distintos puntos do Mundo para compartir con nós a súa cidade, cultura, gastronomía, ...

Foi unha experiencia maravillosa que xuntos fixemola nosa e convertiuse na VOLTA AO MUNDO DO BEN-CHO-SHEY

 

 

O CORAZÓN DA NATUREZA

 
O día 31 de maio celebramos o día da convivencia escolar cos colexios de Luíntra ea Peroxa. Xuntámonos ás 11:00 da mañá para formar os grupos e tomar forzas con chocolate e bica. Sobre as 12:00 subimos á Chaira e recollemos cousas da natureza para por corazon que preparamos e decoramos na aula. 
 

 

WILLY FOG FIXO UNHA PARADA EXPRÉS EN CUBA

Fixemos unha parada con Willy Fog en Cuba para coñecer a cidade de Cuba, a sua bandeira e as praias do Caribe. Probamos Papaya que nos trouxo Ernesto Gómez recien chegado desa maravillos isla. Grazas por acompañarnos nesta aventura
 

 

WILLY FOG CHEGA CON NÓS A VENEZUELA

 
Willy Fog xunto cos seus amigos Romy, Rigodón e Tico, fan unha parada express en Venezuela para coñecer a súa gastronomia, billetes, monumentos, casas señorales, .... Aproveitamos que varios nenos/as de 4 anos viviron en Venezuela,  os seus pais viñeron ao cole a contarnos e ensinarnos o seu modo de vida e compartir con nós as súas vivencias. Comemos arepas e cantamos cancíons venezolanas.
Moitas grazas por compartir con nós a vosa cultura. E seguimos coa nosa viaxe rumbo a 
Londres.
 
 

 

HOMENAXE A BEN-CHO-SHEY

Este ano, os alumnos de Inafantil investigamos sobre a vida de Ben-Cho-Shey, o escritor que da nome ao noso colexio. Elaboramos un mapa mental e espuxémolo  a todo o colexio 

 

OS NOSOS INTREPIDOS VIAXANTES ACHEGANSE A EE.UU, XA QUEDA MENOS PARA REMATAR A NOSA VOLTA AO MUNDO

A teaher Isabel e a lectora Reiann Liston  contaronnos cousas de Estados Unidos. Isabel estivo alí en varias ocasions e Reianne vive alí. Falaronnos das tradicions, ensinaronnos os billetes e as monedas e contaronnos curisosdades e mostraronnos os monumentos mais significativo. Chegaron cargadas con "perritos calientes" que degustamos todos xuntos. Estaban boisismos. 

 

 

VISITOUNOS O PAI DE HUGO E UNAI

Quique o pai de Hugo e Unai visitounos o 6 de maio para amosarnos diferentes paises que Raquel e él visitaron. Contóunos anecdotas, amosounos fotos, falounos das suas viaxes,... Moitas grazas por compartir con nós as vosas vivencias
 
 
 

 

CONTACONTOS

Hoxe martes, on nenos de 3,4 e 5 anos tivemos unha sesion de contacontos en galego. Encantounos como debuxaba e no falou das historiaas de  medos e monstruos,... 
 

 

Iniciar sesión

Galeria de fotos

Contos

Xogos