Skip to Content

Datos situación tecnolóxica das familias

Samaín no Bencho

Este Samaín non foi posible facer a exposición tradicional de cabazas,  pero no BENCHO non deixamos que ningún virus nos quite as ganas de celebrar. Dende aquí, queremos agradecer a todas as familias o esforzo que fixeron por participar nesta actividade e axudarnos a seguir conservando a ilusión e a máxia das nosas tradicións. Grazas e ánimo!!! 

 

Samaín

O Samaín xa case está aquí!. Como todos os anos convidámosvos a participar nesta festa coa elaboración das terroríficas cabazas que tanto gustan. Este ano non se poden traer físicamente ao centro pero sí que vos pedimos que enviedes unha foto da cabaza para facer unha montaxe e colgala na páxina web do cole. 

O correo electrónico ao que tedes que mandar a foto é o seguinte:  actividades@ceipbenchoshey.com
Recordade mandar a foto co nome do alumno/a e o curso no "asunto" da mensaxe. Tedes ata o 26 de outubro para envialas.

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración!

 

Información para as familias

Preme na imaxe para ler a información:

Vector de Salud creado por pikisuperstar - www.freepik.es

Protocolos COVID

 Consulta os protocolos do centro para a situación actual:

 

Aviso importante Comezo das clases

Segundo resolución da Consellería de Educación do día 1 de setembro a incorporación do alumnado realizarase segundo este calendario:
 
- Día 10 de setembro: alumnado de Educación Infantil (4º e 5º), alumnado de Educación Primaria (1º, 2º, 3º)
 
- Día 11 de setembro: alumnado de Educación Infantil (6º), alumnado de Educación Primaria (4º, 5º e 6º)

Erro lista de libros 4º de Primaria

Informamos que existe un erro na lista de libros de 4º.

O ISBN do libro de Plástica non se corresponde coa descrición do libro.

O ISBN é correcto, está mal o título.

O libro é o Green Pack.

Desculpade as molestias.

AVISO IMPORTANTE PARA O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA


 

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR ED. INFANTIL.

Axudas do concello de Pereiro de Aguiar para a adquisición de libros de texto e/ou material escolar para Educación Infantil para o curso 2020/2021.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut